Entradas

Presentación do proxecto.

Imagen
          Como en anos anteriores, o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, damos a coñecer o proxecto dese curso ao resto da Comunidade Educativa.           Esta vez, o comité de Voz Natura convidounos a levar accións que fosen destinadas a coidar a nosa biodiverdidade, a protexer a nosa flora e fauna. Dende o centro centramos este proxecto no microsistema que supón o noso patio. Se aprendemos a coidar o que temos máis próximo, o que sentimos como propio, extrapolaremos este coidado ao resto, á comunidade na que estamos inmersos.                   O feito de ter un patio no que poder xogar, correr, bailar, sachar, plantar, relaxarse, debuxar, falar, ler, ..., un patio onde poder medrar rodeados de grandes árbores e con espazos verdes con pequenos animaliños agochados nas herbas; un lugar que conta con espazos que ...

Rematando a tempada.

Imagen
 O final de curso é emocionante para todas as persoas do centro. É un tempo de cambios, proxectos que se van cerrando e outros que xorden a última hora, distintas maneiras de aproveitar o patio polo tempo que nos acompaña, visitas ao centro inesperadas e outras xa programadas, excursións fixadas e saídas non previstas... unha tolería da que nos deixamos contaxiar cada ano. O invernadoiro do centro tamén se contaxia deste ritmo frenético de final de curso. Hai que ir recollendo as verduras e hortalizas que xa teñen rematado o seu ciclo e repoñelas por outras que amosen o seu esplendor en setembro, cando esteamos todos e todas de volta. Volven ter presenza os vexetais que plantamos cada tempada, como os pementos ou os allos porros, colándose outros de maneira fortuíta, como as remolachas ou as fabas de Lourenzá. Todos eles darannos, no mellor dos casos, a súa benvida no novo curso. E durante o verán tocaralles medrar, asociándose con outras plantas que lle sexan beneficiosas, collend...

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.

Imagen
 Hoxe estamos ben contentos no centro, temos unha celebración dobre. Por un ladotemos que é 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Este día é importante para todas as persoas do centro, especialmente para aquelas que formamos parte do proxecto Voz Natura. Dende o centro non deixamos de botar unha ollada á nosa contorna, ao ecosistema no que estamos inmersos e do que nos sentimos, en certo modo, responsables. A implicación da Comunidade Educativa en relación ao coidado de Medio Ambiente está comezando a agromar día a día. Neste momento podemos ver como comezan a aparecer pequenos gomos de conciencia colectiva. Vemos como moito do noso alumnado está deixando de lado o plástico das merendas, observamos como son moitas as persoas que comentan que van dar un paseo cunha bolsa para recoller o lixo que atopan ou empregan bolsas de tea no súper, observamos como se está espertando unha sensibilidade especial cara á vida que nos rodea. Esta situación fainos enormemente felices, dándonos á...

Traballo sobre o Día do Medio Ambiente.

Imagen
 A semana do5 ao 9 de xuño foron moitas as tarefas que se levaron a cabo por parte do alumnado do centro en relación ao Día do Medio Ambiente. O alumnado de Educación Infantil fixo percorridos polo centro na procura de herbas aromáticas, estamparon follas que recolleron no patio ao tempo que recollían todo lixo que atopaban no seu camiño, elaboraron medallóns empregando herbas e fixeron lecturas de contos relacionados co tema. Temos que dicir que o feito de ter unha nova biblioteca con moitos recursos ao noso alcance tamén nos está axudando. A radio estase a converter nun recurso moi interesante ao que todos e todas lle estamos sacando un bo proveito, e iso estase revertendo de maneira positiva no noso traballo divulgativo. Non tedes máis que escoitar o podcats elaborado polos nenos e nenas de 5 anos sobre como ven eles e elas o coidado do Medio Ambiente. https://www.ivoox.com/player_es_podcast_2038337_zp_1.html?c1=62bc43 Os máis pequenos e pequenas do cole levaron para as súas cas...

Educación Infantil Limpeza.

Imagen
 O luns pola mañá dispuxémonos a facer a primeira das actividades a favor da Nai Terra. Esta vez tocoulles aos máis pequenos do centro. O alumnado de Educación Infantil foi quen se puxo “mans ao plástico”. Despois dunha pequena charla na que falamos da importancia de non tirar o lixo ao medio, diferenciando aquilo que é plástico do que son elementos naturais, puxemos os guantes e comezamos a tarefa. Logo dun tempo de traballo, as bolsas comezaron a encherse. Temos que dicir que a praia de Area, comparada con outras, está especialmente limpa. Aínda así, a pesar de que parecía que non había nada de lixo, recollemos moitos restos de aparellos, cordas, algunha botella e tapóns e outros materiais. Os nenos e nenas tamén recolleron algo que lles pareceuun plástico, pero non o era. Atoparon un ovo de raia que confundiron con este material. Despois da recollida tocou lavar mans e tomar unha boa merenda nas mesas. Nesa zona íanse fixando e vían tamén residuos no chan, moitos deles eran cabi...

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Imagen
 Os pequenos e pequenas de primaria tamén tiveron a súa oportunidade para poder mellorar o entorno. Nesta ocasión o alumnado traballou na ribeira do Landro, aínda que esta vez comezaron pola parte máis próxima á desembocadura do río, rematando no punto de observación de aves. Unha das partes máis conflitivas de todo o percorrido foi xustamente unha zona do parque infantil que hai ao principio do camiño. O lugar onde hai situado unha pequena caseta cun banco estaba moi sucio, polo que acoutamos este sitio. Foi unha pena que algo destinado para a infancia se lle dea un uso que non lle corresponde, impedindo a este sector da sociedade o acceso a el. Unha vez máis, o que salientaba o alumnado era a cantidade de cabichas atopadas. Moitos deles e delas ían pensando que lle ían dicir aos seu familiares fumadores sobre este tema, pero o que si tiñan claro era que había que empregar as papeleiras. Pero ademais de fomentar esta conciencia ecolóxica e desfrutar dun momento para o lecer, aprov...

EcoRETOS. Concienciamos.

Imagen
 Nunha das saídas feitas para conmemorar o Día Internacional da Nai Terra, o alumnado de Educación Infantil quedou un pouco asombrado con certas condutas das persoas adultas. Durante a limpeza que levaron a cabo na praia de Area atoparon moitos restos de cordas plásticas e aparellos de pesca, pero houbo algo que chamou a súa atención: as cabichas atopadas tanto na praia como na área de descanso que hai ao lado desta. Esta situación foi algo que recalcaron tamén outros nenos e nenas de primaria nas súas saídas para limpar o río Landro. Será que nos merecemos este tirón de orellas dos máis pequenos e pequenas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

Día das Letras Galegas

Imagen
 Despois dunhas semanas seguindo o Camiño andado por Fernández del Riego, contemplando Un país e unha cultura chea de Palabras a eito, unha Galicia no espello que este autor incansable nos mostrou na Pegada das viaxes feitas por tantos autores de A xeración Galaxia, despois dunhas semanas intensas Cos ollos do noso esprito postos en Galicia decidimos expresarnos dun xeito distinto. Este ano celebramos o día das Letras Galegas facendo algo moi noso, poñendo a mirada nas Danzas populares gallegas. Deixamos que o ritmo do muíño e as gaitas inundase todo o centro. Coa axuda das familias tivemos unha xornada ben festiva na que o corpo soubo expresar o que moitas veces as palabras calan.

Merendas saudables

Imagen
Despois de ter comprobado a cantidade de lixo que se estaba xerando nas merendas, decidimos poñer en marcha un reto relacionado con isto: Merendas saudables. Compartímolo coas familias e explicámosllo ao alumnado, puntualizando que era un reto para toda a clase, non era individual. Durante uns días estiveron preguntando sobre os alimentos que máis puntuaban, que pans debían traer se querían conseguir o máximo de puntuación, con que tipo de vexetal podían acompañar os seus bocadillos... As familias foron informadas a través dunha carta que se compartiu polo espazo Abalar, ademais de colgar a información nas redes sociais do centro. Elaboráronse dous tipos de táboas, un para o alumnado de infantil e outro para primaria, coa finalidade de que puideran ir levando o reconto dos seus puntos. Ao finalizar o reto, os cursos gañadores foron 4o de Primaria e 5o de Educación Infantil. Con eles levouse a cabo unha merenda saudable. O resultado foi todo un éxito. Despois da boa acollida do reto ant...

Charla de nutrición para o alumnado

Imagen
 O pasado venres 19 tivemos a sorte de contar cunha nutricionista no cole, visita que xestionou a nosa ANPA. Veunos falar un pouco de todo aquilo que debemos comer e o que non é moi aconsellable. Os máis pequenos e pequenas quedaron un tanto sorprendidos ao escoitar o que nos ía contando sobre os almorzos. Díxonos que non había galleta boa, sobre todo se son desas que mercamos que veñen con moitos ingredientes. Se nos apetecía moito tomalas, mellor sempre feitas na casa ou dalgunha panadería, pero só moi de vez en cando. O mesmo nos dixo do pan, que mercásemos aqueles que só se fan con fariñas, podendo ser integrais, auga, sal e lévedo. Ollo aos que teñen moitos ingredientes “raros”. Por certo, presumimos un pouco da panadaría que temos tan preto, é que unhas torradas con pan de Galdo no almorzo... Tamén nos falou dos zumes. Estes non son unha opción. Cando facemos o zume deixamos de comer a fibra, é coma se estivésemos bebendo auga con azucre. E a cousa empeora se o zume é industr...

Chegou a primavera na horta de infantil.

Imagen
Cando a primavera chega comezamos a observar grandes cambios. Pois iso foi o que lle está pasando á horta dos máis peques do cole, desde que estreamos estación está en continua transformación. O alumnado foi incluíndo novas verduras e hortalizas, recollendo outras e, de maneira clandestina, van collendo as fresas que aparecen maduras no seu horto. Nas últimas semanas están sacando as coles que había plantadas dándolle paso a outras plantas que terán todo o verán para medrar en solitario. O obxectivo é poder observar o cambio destas plantas no novo curso, esperando poder saborealas á volta. Pero ademais de atender as súas terras tamén tiveron tempo de acercarse ao invernadoiro. Sempre é toda unha aventura poder usmar o que están facendo os maiores ese é o caso, botar unha man.

Día Internacional da Nai Terra.

O 22 de abril de 1970 instaurouse como Día Mundial da Terra, tamén coñecido como Día Internacional da Nai Terra. O obxectivo deste día foi crear unha concienciación colectiva que promovese a protección do noso planeta. Dende esa data ata hoxe non podemos dicir que esa concienciación estea ben adherida ao noso ser. Podemos ver como nestes 52 anos moitas condutas que deberían estar máis que asimiladas non o están. Non se trata de ver que fan ou deixan de facer os nosos políticos polo medio Ambiente, que tamén é importante, neste momento trátase de nós como individuos. Que cousas podemos mellorar no noso día a día?, que pequenos cambios podemos instalar no noso xeito de vivir que vaia repercutir de maneira positiva na vida da Terra e, por ampliación, na nosa mesma? Nesa semana imos propoñer non consumir alimentos que veñan envasados desde xeito. Pero isto non quere dicir que deixemos os plásticos na casa, non. Trátase de buscar alternativas a estes “alimentos”, que lle deamos unha volta á...

O traballo continúa.

Imagen
Durante este trimestre tamén lle estimemos dando ben ás verduras no noso invernadoiro. O alumnado dos primeiros cursos de primaria estivo pendente de plantar, regar, quitar caracois e, por fin, recoller. Ata levaron repolos para a cociña para poder facer o caldo que tanto lles gusta. Xa só nos queda un trimestre por diante, trimestre no que teremos que recoller o xa plantado, poñer novas plantas e seguir dándolle ao que tan ben saben facer estes nenos e nenas: coidar con todo o seu amor os produtos que despois van ir ao prato. Neste pequeno vídeo poderedes ver parte do traballo feito por eles e elas.

Plantamos as patacas.

Imagen
 No mes de marzo tivemos o segundo encontro de Voz Natura coas familias. Esta vez o labor que tiñamos era o de botar as patacas. Unhas semanas antes, un papá do centro veu a prepararnos a terra para despois poder plantar cos máis pequenos do centro. Foi unha tarde moi agradable no que algúns collían o sacho por primeira vez e a outros xa se lle vían maneiras, aprendices e mestres cun obxectivo común: ter en setembro patacas novas. Unha vez tivemos claro o xeito no que iamos plantar o traballo foi rodado. Pequenos e maiores compartimos sacho e esforzos, pero tamén unha tarde de risas coas mans na terra. Agora só queda esperar a que o tempo se alíe con nós e que os escaravellos e o ratos sexan benévolos coa nosa futura colleita e nos deixen degustar unha boa tortilla. Unha vez máis, familias, foi un pracer poder contar convosco nesta ocasión. Podedes ver un vídeo resumo neste enlace:  https://www.instagram.com/ reel/CqdaiswgJBb/?igshid= MDJmNzVkMjY=

Coidado dos nosos montes.

Imagen
 Este curso tivemos a sorte de ter dúas visitas moi importantes no que se refire ao coidado dos montes. Por unha banda, o 21 de marzo viñeron visitarnos axentes medioambientais pertencentes á Consellería de Medio Rural. Entre os seus labores está o da extinción de incendios, labor vital para o control dos lumes que se dan sobre todo na época estival. Pero algo que impacta menos, aínda que de gran importancia, é o seu labor de divulgación nas escolas. O traballo de prevención que fan cos membros máis pequenos da comunidade é vital para que entendan os riscos do lume e o desastre medioambiental que significa un incendio. Tamén lles ensinaron cales eran os números aos que debían chamar se se atopaban nalgunha ocasión nesa situación. Pola outra banda, o 28 de marzo estiveron no centro axentes da Policía Nacional cunha das actividades enmarcadas no Plan Director. Faláronlle ao alumnado do seu labor na extinción de incendios e das causas máis frecuentes que os provocan, ensináronlles os ...

Reforestación Monte San Roque na semana da Nai Terra.

Imagen
 A xornada do día 18 foi ben maratoniana. O alumnado de quinto e sexto de Primaria foron os encargados de poñer o seu grao de area no coidado dos ecosistemas que nos rodean. Esta vez centrámonos no monte San Roque. Quedamos cos axentes medioambientais da Consellería de Medio Rural para poder reforestar unha das zonas do monte. Esta actividade tivo que ser adiada ao non ter acceso ao monte con anterioridade. Resolto ese problema buscouse outra data, e que mellor que a data máis próxima ao 22 de abril, Día Mundial da Terra. A actividade tivo varios focos. A parte máis importante xirou en torno á plantación de bidueiros, cerdeiras, e outras árbores frondosas. O alumnado axudado polos axentes mediombientais e armado de palas deu o mellor de si nesta actividade. O contacto coa terra é tremendamente gratificante, máis aínda cando sabes que estás poñendo un pequeno gromo do que será un bosque no futuro. O feito de poder incidir desta maneira tan positiva na Natureza é moi satisfactorio. P...

Compostamos.

Imagen
 Cada día no centro vanse gardando todas as pelas das froitas que o alumnado consome. Cada clase de infantil ten o seu colector específico para depositalas, e o alumnado de primaria comparte un que está no corredor. Tamén os restos vexetais da cociña son recollidos para compostar. Toda esta materia orgánica lévase ao composteiro onde se converterá nunha fonte de riqueza para as verduras e hortalizas que plantamos. É unha delicia poder aproveitar estes “desperdicios” desta maneira, ensinando ao alumnado que non é preciso tirar todo aos colectores onde non se vai a aproveitar. Todo un traballo que ten os seus froitos, completamos o ciclo da vida aprendendo a traballar dun xeito máis sostible e respectuoso coa Natureza. Nun futuro non moi afastado, esperemos, todos e todas teremos a oportunidade de poder compostar toda a nosa materia orgánica nos colectores marróns. Mentres tanto imos abrindo camiño dende a escola.

Día Internacional dos Bosques

Imagen
No mes de marzo propúxose como reto dende Voz Natura o de “plantar”. Quixemos aproveitar esta oportunidade para enfialo co 21 de marzo, día Internacional dos Bosques. Para celebrar este día, este ano contamos coa colaboración dunha brigada pertencente á Consellería de Medio Rural dos servizos de Montes e Prevención de Incendios Forestais. A través da ANPA do centro, puxéronse en contacto connosco e acordamos varias actividades. Para o día 21 centrámonos en traballar co alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria. Despois de darlles unha pequena charla sobre a importancia de coidar os nosos bosques, ensináronlles en que consistía o seu labor na extinción de incendios. Pero isto fixérono de maneira práctica. Para os máis pequenos/as foi toda unha experiencia poder usar as palas coas que apagan os lumes, ou manexar a mangueira. De seguro que neste día se forxou algunha vocación futura. Cando coidamos un bosque nos só coidamos as especies vexetais que fo...

Hoxe tocou caldo da nosa horta

Imagen
 Cada ano o alumnado planta e coida os repolos para despois poder degustalos. É marabilloso ver a cara que van poñendo cando semana a semana comproban como van medrando as plantas. Tamén comproban que non son aos únicos que lles gusta o repolo, aos caracois tamén lles encantan as nosas verduras. Con moita paciencia dedican un tempo a invitar a estes pequenos animaliños esfameados a comer a herba que temos a redor das hortas, porque outra cousa non, pero herba temos abondo. O día que toca recoller para levar á cociña, se te fixas ben, podes ver como os nenos e nenas medran cando entregan o froito do seu traballo ao noso equipo de cociña. Esa sensación de satisfacción e orgullo acompáñaos no seu percorrido da terra á mesa. Se a todo isto engadimos o bo facer das tres mulleres que preparan o xantar cada día, non temos ningunha dúbida de que o caldo de repolo estivo para chuparse os dedos.

Chegada da primavera

Imagen
 Como vén facendo nos anos anteriores, a primavera chega ao cole dándonos a súa benvida do mellor xeito. Cando o tempo comeza a quentar, os bulbos de tulipáns que os pequenos e pequenas do centro plantaron coas súas mans comezan a asomar timidamente. É toda unha delicia poder contemplar esta obra de arte coa que a Natureza nos recibe ao chegar á escola. Queremos compartila con vós por se non tedes ocasión de poder vela xa que, como sabedes, a beleza é unha calidade efémera.