Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Análise do lixo recollido na ribeira do Landro.

Imagen
 O luns veunos visitar de novo Lucas Requejo. Esta vez tocaba analizar os 41,8 quilos de lixo que xa tiñamos recollidos. É importante coñecer que cousas imos tirando por aí sen ton nin son. Para o alumnado de cuarto e terceiro foi revelador ir vendo como moitos elementos cos que eles e elas están familiarizados rematan en calquera beira, pasando a formar parte dun entorno que non lles pertence. Viuse a importancia de erradicar este mal costume tan adquirido polo ser humano, tanto pola nosa saúde como pola dos propios animais que viven nese hábitat. Ademais desta análise tratáronse temas como a diferencia entre reciclar e reutilizar e a importancia de empregar a imaxinación para poder darlle unha segunda vida a obxectos que xa non nos serven para o que os mercamos e que, doutro xeito, irían parar ao lixo. Exemplos disto último foron as cancelas de somieres ou nas bañeiras-bebedoiros que nos encontramos. Co lixo atopado fíxose unha selección. Escolleuse aquilo máis salientable para poder

Saída para a limpeza do río Landro

Imagen
 O 26 de outubro unímonos ao programa de voluntariado ambiental creado e promovido por PRATO_DO. Nesta iniciativa distintos centros da vila cooperamos para manter limpa a nosa contorna, indo da man de Lucas Requejo e sendo acompañados por voluntarios, nesta ocasión por Chema e Ana. Facer saídas para limpar a natureza, no noso caso as beiras do río Landro ao seu paso por Portochao e as súas proximidades, é algo máis que o feito de recoller lixo. Tentamos que os nenos e nenas sexan conscientes da gran cantidade de residuos que se van atopando durante o paseo e que, ademais de limpar, se esperte neles unha conciencia de protección do medio. É necesario que todos e todas nos vexamos como axentes de cambio, non se trata de ver como o fan outros ou quedarnos fóra detrás dese “eu non podo cambiar as cousas”. E iso mesmo foi o que nos mostraron estas grandes persoas de terceiro e cuarto de primaria. Non repararon no seu tamaño nin na súa idade, puxéronse mans á obra e retiraron máis de 40 kilo

EcoRETOS

Imagen
Seguindo o iniciado o curso pasado, este ano sumámonos de novo aos EcoRETOS propostos dende Voz Natura. Son unha serie de retos que, dun xeito ou doutro xa vimos facendo cada ano, simplemente sería deixar constancia de algo que xa efectuamos ou, pola contra, de iniciativas que queremos poñer en marcha este curso escolar. Para o mes de outubro falamos de accións que vimos realizando dunha maneira respectuosa co medio ambiente, trátase de pequenos feitos que todos e todas podemos incorporar ao noso día a día, tendo estes unha gran repercusión sobre a Natureza. O alumnado de quinto de primaria quixo deixar unha pequena mostra destas obras que podemos converter en hábitos saudables tanto para a nosa economía doméstica como para o planeta Terra.  

Investigamos con Galdiño

Queridos nenos e nenas: Durante o mes de novembro imos darlle á investigación. Traballando de maneira conxunta cos equipos de Biblioteca Escolar, Club de Ciencia, equipo de Dinamización da Lingua e Voz Natura, vou propoñervos unha serie de retos para que todos e todas lle deades ao coco. Axudados polos vosos mestres e mestras teredes que ir demostrando os coñecementos de botánica que tedes e a vosa pericia como investigadores e investigadoras. Estade cos ollos ben abertos e ídelle botando algunha que outra mirada ás árbores do patio. Non deixedes de lado a vosa Guía das Árbores, ides ter que botar man dela para poder resolver algunha das incógnitas que vos imos propoñer. Pero ademais destes retos que irán aparecendo polos corredores de Educación Infantil e Educación Primaria, levaremos a cabo experimentos moi relacionados coa Natureza. Despois teredes que contarlles aos demais nenos e nenas do cole o que aprendestes. Estade ben atentos e atentas! Unha aperta, Galdiño