Día Internacional da Nai Terra.

O 22 de abril de 1970 instaurouse como Día Mundial da Terra, tamén coñecido como Día Internacional da Nai Terra. O obxectivo deste día foi crear unha concienciación colectiva que promovese a protección do noso planeta.
Dende esa data ata hoxe non podemos dicir que esa concienciación estea ben adherida ao noso ser. Podemos ver como nestes 52 anos moitas condutas que deberían estar máis que asimiladas non o están. Non se trata de ver que fan ou deixan de facer os nosos políticos polo medio Ambiente, que tamén é importante, neste momento trátase de nós como individuos. Que cousas podemos mellorar no noso día a día?, que pequenos cambios podemos instalar no noso xeito de vivir que vaia repercutir de maneira positiva na vida da Terra e, por ampliación, na nosa mesma?

Nesa semana imos propoñer non consumir alimentos que veñan envasados desde xeito. Pero isto non quere dicir que deixemos os plásticos na casa, non. Trátase de buscar alternativas a estes “alimentos”, que lle deamos unha volta á nosa cesta da compra. Coa mesma igual nos damos conta de que si podemos prescindir dalgún deles e podemos botar man doutros máis beneficiosos para a nosa saúde e a da Nai Terra.
Trátase dunha semana na que imos apelar á nosa conciencia, semana na que podemos frear o ritmo exponencial de crecemento destes residuos plásticos. Só é unha semana que, ademais dos beneficios que supoñan para nós, igual podemos facer pequenos cambios nas nosas vidas. 

Pero ademais do segundo reto das merendas levaremos a cabo tres saídas: a limpeza da praia de Area, a limpeza das beiras do río Landro e a reforestación do Monte San Roque.
Iremos poñendo a información de cada unha destas saídas e retos no noso blog e redes sociais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.