Coidado dos nosos montes.

 Este curso tivemos a sorte de ter dúas visitas moi importantes no que se refire ao coidado dos montes. Por unha banda, o 21 de marzo viñeron visitarnos axentes medioambientais pertencentes á Consellería de Medio Rural. Entre os seus labores está o da extinción de incendios, labor vital para o control dos lumes que se dan sobre todo na época estival. Pero algo que impacta menos, aínda que de gran importancia, é o seu labor de divulgación nas escolas. O traballo de prevención que fan cos membros máis pequenos da comunidade é vital para que entendan os riscos do lume e o desastre medioambiental que significa un incendio. Tamén lles ensinaron cales eran os números aos que debían chamar se se atopaban nalgunha ocasión nesa situación.


Pola outra banda, o 28 de marzo estiveron no centro axentes da Policía Nacional cunha das actividades enmarcadas no Plan Director. Faláronlle ao alumnado do seu labor na extinción de incendios e das causas máis frecuentes que os provocan, ensináronlles os equipos empregados na investigación destas causas e mostráronlle as tecnoloxías de imaxe que empregan para poder ter unha mellor visión en lugares de difícil acceso. Tamén falaron dos números de emerxencia aos que chamar ante calquera situación de perigo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.