Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Comezamos no invernadoiro.

Imagen
Cada ano a volta ao cole regálanos unha estampa distinta do invernadoiro. Dependendo do tempo que teñamos para pasarnos os mestres e mestras durante o verán, ou de se quedou plantado algo, a paisaxe é ben distinta. A deste curso foi a explosión de vida das herbas que saen entre as plantas que nós poñemos. A verdade é que o que se plantara pasaba desapercibido entre tanto verde. Este panorama foi un tanto impresionante para os nenos e nenas, pero iso non os freou. É incrible ver a súa ilusión, o moito que gozan incidindo no que senten como propio. Despois dunhas semanas e moito traballo o invernadoiro volveu ser ese lugar para o descubrimento, a aprendizaxe, o relax, o coidado e, coma sempre, as boas conversas de recreo. Aquí tedes un pequeno resumo do primeiro trimestre.  

26 de xaneiro: Día da Educación Ambiental.

Imagen
A partir dos anos 70, a educación ambiental comeza a ser algo no que se pon a mirada, coincidindo este feito co momento no que se empeza a ter consciencia sobre a destrución dos ecosistemas e a deterioración da Natureza. Vese nesta década a necesidade de incluíla no conxunto dos procesos educativos, traballando coa mocidade dese tempo, iniciando así un camiño cara a prevención. Dende ese momento ata os nosos días son moitos os cumes, encontros internacionais, charlas, conferencias, mobilizacións, ... que se levan a cabo en todo o planeta co obxectivo de acadar un desenvolvemento sostible, un desenvolvemento que vaia da man da Natureza e non contra ela. A pesar de todos estes esforzos penso que estamos nun punto un tanto perigoso. A nosa convivencia cos materiais plásticos dun só uso converteuse en algo tan habitual que nos costa pararnos a pensar á hora de mercar. Dámos por feito que son a única opción que temos no mercado, que nós non podemos ir contracorrente, que por moito que nos e

Xardín de bulbos.

Imagen
 Igual que as estacións do ano son cíclicas, o noso xardín da entrada tamén o é. Estamos afeitos a que ámbolos dous vaian da man. Cada outono preparámolo para que na primavera rexurda. Grazas á axuda dos nenos e nenas de terceiro, os máis pequenos e pequenas do centro puideron meter as súas mans na terra xa traballada e darlle un novo fogar aos bulbos de tulipán que levan agardando dende o verán. Deixaron estas cebolas ben agochadiñas, protexidas pola terra para pasar o duro inverno. Non se trata só de aprender a plantar ou descubrir os coidados que precisarán para que poidan agromar na primavera e mostrarnos a súa mellor cara. Tamén terán que aprender a esperar, a que a vida ten uns ciclos que debemos respectar e que, igual que nos pasa a nós con eles, deberemos coidar paseniño esperando que florezan.

Pílulas de ilusión.

Imagen
 O pasado 25 de novembro tivemos a sorte de poder participar nunha xornada deseñada por Prato_Do para o proxecto Vivemar (Concello de Viveiro) en colaboración con Educación Azul e España Azul. O alumnado de 5o e 6o de primaria tivo a oportunidade de poder coñecer ao naturalista, explorador, divulgador e escritor Nacho Dean. Nunha charla, á que tamén asistiron nenos e nenas doutros centros educativos, relatoulles as distintas iniciativas que levou a cabo ou que está realizando neste momento. Faloulles do motivo que move cada unha das súas expedicións e da importancia de darlle unha volta á relación prexudicial que mantemos coa Natureza. Despois deste tempo de conversa tocou poñerse mans á obra. Tiveron a sorte de estar acompañados por Nacho mentres limpaban a praia de Covas. Ademais de preguntarlle por diversos momentos dos seus percorridos polo mundo, os nenos e nenas falaron con el sobre o lixo co que se ían atopando. Descubrir a cantidade de residuos plásticos que colonizan os areais

Xornada micolóxica na fraga das Saímas

Imagen
 Unha saída á Natureza sempre é un bo plan, mais se é a un sitio tan incrible como a fraga das Saímas. Este lugar, descoñecido para moitos de nós, acolleunos para poder acercarnos e coñecer un pouquiño máis o mundo dos fungos, sobre todo o dos cogomelos ou carpóforos, tal e como nos explicou Ana, a técnica forestal que nos acompañou. Nesta ocasión foi o alumnado de 5o e 6o de primaria quen tivo a oportunidade de poder rodearse de carballos, castiñeiros, bidueiros, ..., e envolverse dos sons da fraga. Despois dunha pequena charla onde nos deu as normas de recolección e de boas prácticas que deberiamos seguir cando estamos en espazos naturais, comezamos a andaina coa fin de ir clasificando os cogomelos que atopabamos polo camiño. Fomos collendo algún exemplar para despois poder expoñelo no centro e poder investigar máis sobre esa especie empregando as guías. Non é doado recoñecer os cogomelos e poder distinguir un comestible do seu curmán ou irmán tóxico ou velenoso. Tal e como Ana nos i