Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

A HORTA DE OUTONO

Imagen
 Como non podía ser doutra maneira, o alumnado máis pequeno do centro púxose mans á obra ao comezo do curso. Unha vez tiveron recollidos todos os froitos do curso pasado era o momento de comezar coa súa horta de outono. Houbo moito traballo por diante, traballo ben encamiñado e dirixido polas mestras de Educación Infantil. Tamén se botou man de Antonio, que sempre está disposto a axudar e pendente de todo o que precisamos, e do persoal de cociña, que aportaron os seus valiosos coñecementos e tempo. Con todo este equipo humano, as ilusións dos nenos e nenas de infantil e un pouco de sol, as verzas saíron adiante de maneira sorprendente. Pero non só se centraron en plantar e esperar, houbo moito máis traballo. Estiveron pendentes de se precisaban ou non ser regadas, acolcharon a terra, prepararon auga con sal na súa correcta proporción para apartar ás limachas e que collesen máis vigor as plantas e ademais, xa dentro das aulas, investigaron sobre unha nova col que plantamos este curo: o