Traballo sobre o Día do Medio Ambiente.
A semana do5 ao 9 de xuño foron moitas as tarefas que se levaron a cabo por parte do alumnado do centro en relación ao Día do Medio Ambiente. O alumnado de Educación Infantil fixo percorridos polo centro na procura de herbas aromáticas, estamparon follas que recolleron no patio ao tempo que recollían todo lixo que atopaban no seu camiño, elaboraron medallóns empregando herbas e fixeron lecturas de contos relacionados co tema.
Os máis pequenos e pequenas do cole levaron para as súas casas un pequeno agasallo para conmemorar esta data, unha semente de faba de Lourenzá. Igual que pasa coas súas grandes ideas, deberán sementala, regala e coidala coas súas mans.
O alumnado de 6o de primaria tamén estivo traballando arreo. Partindo dunha carta individual que cada un deles e delas fixo á Nai Terra, elaboraron unha grupal que recolle as ideas de todas as persoas deste grupo. A verdade é que dá gusto velos traballar cando a tarefa lles motiva, poucas veces dedicamos tempo a falar cara a cara con algo que nos dá tanto a cambio de nada: o noso planeta. A carta final poderedes escoitala no seguinte enlace.
https://www.ivoox.com/5-xuno-dia-internacional-do-medio-ambiente-audios-
Deixámosvos a carta por se a queredes ler.
Comentarios
Publicar un comentario