Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

CARTA DA TERRA.

Imagen
  Como xa sabedes, hoxe, 22 de abril, estamos celebramos o Día Internacional da Nai Terra. Hai xa medio século que se vén celebrando esta data. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día coa idea de crear unha conciencia común aos problemas ambientais que estaba sufrindo a Terra nese momento, coa idea de protexela. Cincuenta anos máis tarde seguimos con esta idea, vémonos na necesidade de lembrar a importancia das nosas pequenas accións na procura dunha mellor saúde para o planeta no que vivimos. Non deberiamos esquecer a idea de que a Terra non nos pertence, e que dependerá de cada un de nós que as nosas xeracións futuras poidan medrar e desenvolverse nela dunha maneira feliz e saudable. O vídeo móstranos unha carta da Terra dirixida a todos nós. Unha carta que reflicte o momento especial que estamos vivindo, na que, unha vez máis, a Terra nos tende a súa man á vez que nos pide que a respectemos e coidemos. Esperamos pronto poder sentila baixo os nosos

ACIDIFICACIÓN DOS MARES

Imagen
  Acabamos de regresar das vacacións e xa é hora de recargar as pilas. Este ano quedáronnos varios experimentos sen facer no segundo trimestre e non queremos deixalos atrás. As clases de terceiro e cuarto estiveron traballando moitísimo sobre a vida dos corais. Son uns verdadeiros expertos e expertas no tema, polo que tamén saben moito da acidificación dos mares e as súas consecuencias. Agora queremos que todos e todas poidades observar como afecta este problema climático aos corais ou demais animais mariños con cunchas Só tedes que seguir os pasos. Podedes facelo en familia, investigar todos xuntos e mandar algún comentario sobre a vosa observación, xa sabedes, facer un audio, un vídeo, fotos, escribir algo... Iso si, mandade a información aos blogues das vosas aulas. E lembrade, SOÑEMOS MARES TRANSPARENTES !

PLANTANDO ESPERANZA

Imagen
  Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.  Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade pa ra poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso. A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.  Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

Como inflúe a luz no crecemento das plantas?

Imagen
  Algunha vez te fixeches esta pregunta? As nenas e nenos de 2º si, é máis, buscaron a maneira de comprobalo. Fixeron varias probas con e sen luz, observaron e tomaron notas das distintas situacións. Aquí vos explican á conclusións que chegaron.

ACIDIFICACIÓN DOS MARES

Imagen
  Acabamos de regresar das vacacións e xa é hora de recargar as pilas. Este ano quedáronnos varios  experimentos sen facer no segundo trimestre e non queremos deixalos atrás. As clases de terceiro e cuarto  estiveron traballando moitísimo sobre a vida dos corais. Son uns verdadeiros expertos e expertas no tema,  polo que tamén saben moito da acidificación dos mares e as súas consecuencias. Agora queremos que todos e todas poidades observar como afecta este problema climático aos corais ou  demais animais mariños con cunchas Só tedes que seguir os pasos. Podedes facelo en familia, investigar  todos xuntos e mandar algún comentario sobre a vosa observación, xa sabedes, facer un audio, un vídeo,  fotos, escribir algo… Iso si, mandade a información aos blogues das vosas aulas. E lembrade,  SOÑEMOS MARES TRANSPARENTES !