Chegou a primavera na horta de infantil.

Cando a primavera chega comezamos a observar grandes cambios. Pois iso foi o que lle está pasando á horta dos máis peques do cole, desde que estreamos estación está en continua transformación. O alumnado foi incluíndo novas verduras e hortalizas, recollendo outras e, de maneira clandestina, van collendo as fresas que aparecen maduras no seu horto.

Nas últimas semanas están sacando as coles que había plantadas dándolle paso a outras plantas que terán todo o verán para medrar en solitario. O obxectivo é poder observar o cambio destas plantas no novo curso, esperando poder saborealas á volta.

Pero ademais de atender as súas terras tamén tiveron tempo de acercarse ao invernadoiro. Sempre é toda unha aventura poder usmar o que están facendo os maiores ese é o caso, botar unha man.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.