5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.

 Hoxe estamos ben contentos no centro, temos unha celebración dobre. Por un ladotemos que é 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Este día é importante para todas as persoas do centro, especialmente para aquelas que formamos parte do proxecto Voz Natura.

Dende o centro non deixamos de botar unha ollada á nosa contorna, ao ecosistema no que estamos inmersos e do que nos sentimos, en certo modo, responsables. A implicación da Comunidade Educativa en relación ao coidado de Medio Ambiente está comezando a agromar día a día. Neste momento podemos ver como comezan a aparecer pequenos gomos de conciencia colectiva. Vemos como moito do noso alumnado está deixando de lado o plástico das merendas, observamos como son moitas as persoas que comentan que van dar un paseo cunha bolsa para recoller o lixo que atopan ou empregan bolsas de tea no súper, observamos como se está espertando unha sensibilidade especial cara á vida que nos rodea.

Esta situación fainos enormemente felices, dándonos ánimos para poder seguir o camiño comezado hai moitos anos na nosa escola.

Pero dixemos dobre celebración. Polo outro lado hoxe celebramos que nos acaban de conceder o Premio á Mellor Comunicación do Programa Voz Natura polo labor de divulgación de todo o feito durante este curso académico. A verdade é que o mérito non foi contalo, o realmente importante foi que tivemos moitas cousas que contar grazas á implicación do alumnado, profesorado, persoal non docente, ANPA, familias, asociacións da nosa contorna e concellos de Viveiro e Ourol. Sen unha comunidade que apoie todas as propostas que suxerimos non teriamos nada, por este motivo, moitas grazas por estar aí, grazas por ser unha parte tan importante neste recoñecemento.


Se premes na imaxe, levarate á noticia.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.