Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Chegou a primavera na horta de infantil.

Imagen
Cando a primavera chega comezamos a observar grandes cambios. Pois iso foi o que lle está pasando á horta dos máis peques do cole, desde que estreamos estación está en continua transformación. O alumnado foi incluíndo novas verduras e hortalizas, recollendo outras e, de maneira clandestina, van collendo as fresas que aparecen maduras no seu horto. Nas últimas semanas están sacando as coles que había plantadas dándolle paso a outras plantas que terán todo o verán para medrar en solitario. O obxectivo é poder observar o cambio destas plantas no novo curso, esperando poder saborealas á volta. Pero ademais de atender as súas terras tamén tiveron tempo de acercarse ao invernadoiro. Sempre é toda unha aventura poder usmar o que están facendo os maiores ese é o caso, botar unha man.

Día Internacional da Nai Terra.

O 22 de abril de 1970 instaurouse como Día Mundial da Terra, tamén coñecido como Día Internacional da Nai Terra. O obxectivo deste día foi crear unha concienciación colectiva que promovese a protección do noso planeta. Dende esa data ata hoxe non podemos dicir que esa concienciación estea ben adherida ao noso ser. Podemos ver como nestes 52 anos moitas condutas que deberían estar máis que asimiladas non o están. Non se trata de ver que fan ou deixan de facer os nosos políticos polo medio Ambiente, que tamén é importante, neste momento trátase de nós como individuos. Que cousas podemos mellorar no noso día a día?, que pequenos cambios podemos instalar no noso xeito de vivir que vaia repercutir de maneira positiva na vida da Terra e, por ampliación, na nosa mesma? Nesa semana imos propoñer non consumir alimentos que veñan envasados desde xeito. Pero isto non quere dicir que deixemos os plásticos na casa, non. Trátase de buscar alternativas a estes “alimentos”, que lle deamos unha volta á

O traballo continúa.

Imagen
Durante este trimestre tamén lle estimemos dando ben ás verduras no noso invernadoiro. O alumnado dos primeiros cursos de primaria estivo pendente de plantar, regar, quitar caracois e, por fin, recoller. Ata levaron repolos para a cociña para poder facer o caldo que tanto lles gusta. Xa só nos queda un trimestre por diante, trimestre no que teremos que recoller o xa plantado, poñer novas plantas e seguir dándolle ao que tan ben saben facer estes nenos e nenas: coidar con todo o seu amor os produtos que despois van ir ao prato. Neste pequeno vídeo poderedes ver parte do traballo feito por eles e elas.

Plantamos as patacas.

Imagen
 No mes de marzo tivemos o segundo encontro de Voz Natura coas familias. Esta vez o labor que tiñamos era o de botar as patacas. Unhas semanas antes, un papá do centro veu a prepararnos a terra para despois poder plantar cos máis pequenos do centro. Foi unha tarde moi agradable no que algúns collían o sacho por primeira vez e a outros xa se lle vían maneiras, aprendices e mestres cun obxectivo común: ter en setembro patacas novas. Unha vez tivemos claro o xeito no que iamos plantar o traballo foi rodado. Pequenos e maiores compartimos sacho e esforzos, pero tamén unha tarde de risas coas mans na terra. Agora só queda esperar a que o tempo se alíe con nós e que os escaravellos e o ratos sexan benévolos coa nosa futura colleita e nos deixen degustar unha boa tortilla. Unha vez máis, familias, foi un pracer poder contar convosco nesta ocasión. Podedes ver un vídeo resumo neste enlace:  https://www.instagram.com/ reel/CqdaiswgJBb/?igshid= MDJmNzVkMjY=

Coidado dos nosos montes.

Imagen
 Este curso tivemos a sorte de ter dúas visitas moi importantes no que se refire ao coidado dos montes. Por unha banda, o 21 de marzo viñeron visitarnos axentes medioambientais pertencentes á Consellería de Medio Rural. Entre os seus labores está o da extinción de incendios, labor vital para o control dos lumes que se dan sobre todo na época estival. Pero algo que impacta menos, aínda que de gran importancia, é o seu labor de divulgación nas escolas. O traballo de prevención que fan cos membros máis pequenos da comunidade é vital para que entendan os riscos do lume e o desastre medioambiental que significa un incendio. Tamén lles ensinaron cales eran os números aos que debían chamar se se atopaban nalgunha ocasión nesa situación. Pola outra banda, o 28 de marzo estiveron no centro axentes da Policía Nacional cunha das actividades enmarcadas no Plan Director. Faláronlle ao alumnado do seu labor na extinción de incendios e das causas máis frecuentes que os provocan, ensináronlles os equi

Reforestación Monte San Roque na semana da Nai Terra.

Imagen
 A xornada do día 18 foi ben maratoniana. O alumnado de quinto e sexto de Primaria foron os encargados de poñer o seu grao de area no coidado dos ecosistemas que nos rodean. Esta vez centrámonos no monte San Roque. Quedamos cos axentes medioambientais da Consellería de Medio Rural para poder reforestar unha das zonas do monte. Esta actividade tivo que ser adiada ao non ter acceso ao monte con anterioridade. Resolto ese problema buscouse outra data, e que mellor que a data máis próxima ao 22 de abril, Día Mundial da Terra. A actividade tivo varios focos. A parte máis importante xirou en torno á plantación de bidueiros, cerdeiras, e outras árbores frondosas. O alumnado axudado polos axentes mediombientais e armado de palas deu o mellor de si nesta actividade. O contacto coa terra é tremendamente gratificante, máis aínda cando sabes que estás poñendo un pequeno gromo do que será un bosque no futuro. O feito de poder incidir desta maneira tan positiva na Natureza é moi satisfactorio. Pero

Compostamos.

Imagen
 Cada día no centro vanse gardando todas as pelas das froitas que o alumnado consome. Cada clase de infantil ten o seu colector específico para depositalas, e o alumnado de primaria comparte un que está no corredor. Tamén os restos vexetais da cociña son recollidos para compostar. Toda esta materia orgánica lévase ao composteiro onde se converterá nunha fonte de riqueza para as verduras e hortalizas que plantamos. É unha delicia poder aproveitar estes “desperdicios” desta maneira, ensinando ao alumnado que non é preciso tirar todo aos colectores onde non se vai a aproveitar. Todo un traballo que ten os seus froitos, completamos o ciclo da vida aprendendo a traballar dun xeito máis sostible e respectuoso coa Natureza. Nun futuro non moi afastado, esperemos, todos e todas teremos a oportunidade de poder compostar toda a nosa materia orgánica nos colectores marróns. Mentres tanto imos abrindo camiño dende a escola.