Plantamos as patacas.

 No mes de marzo tivemos o segundo encontro de Voz Natura coas familias. Esta vez o labor que tiñamos era o de botar as patacas. Unhas semanas antes, un papá do centro veu a prepararnos a terra para despois
poder plantar cos máis pequenos do centro.

Foi unha tarde moi agradable no que algúns collían o sacho por primeira vez e a outros xa se lle vían maneiras, aprendices e mestres cun obxectivo común: ter en setembro patacas novas. Unha vez tivemos claro o xeito no que iamos plantar o traballo foi rodado. Pequenos e maiores compartimos sacho e esforzos, pero tamén unha tarde de risas coas mans na terra.

Agora só queda esperar a que o tempo se alíe con nós e que os escaravellos e o ratos sexan benévolos coa nosa futura colleita e nos deixen degustar unha boa tortilla.

Unha vez máis, familias, foi un pracer poder contar convosco nesta ocasión.

Podedes ver un vídeo resumo neste enlace: 

https://www.instagram.com/reel/CqdaiswgJBb/?igshid=MDJmNzVkMjY=

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.