Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Eco-Reto “CONCIENCIAMOS”

Imagen
Desde fai anos vimos concienciando a toda a Comunidade Educativa sobre o emprego excesivo que facemos dos materiais plásticos dun só uso fronte aos reutilizables, ben sexan dun plástico máis respectuoso e saudable, ben sexan de vidro, porcelana, metais, ou outros. O curso pasado comezamos a facer varias campañas con tal fin, perseguindo 2 obxectivos intimamente ligados: a nosa saúde e a do Medio Ambiente. En concreto, esta campaña non chegou a ver a luz, pero parecíanos sumamente importante retomar ese camiño, polo que nos puxemos mans á obra, ampliando con outras que se están a traballar no centro cos cursos máis altos. Apostar pola saúde desde esta perspectiva ampla debería converterse nun obxectivo primordial para cada institución, comunidade, sociedade,..., tal e como se reflicten nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos pola ONU. Seremos quen de acadalos no 2030? Aí queda o noso grao de area.