Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

LIVE IN COMMON LAND

Imagen
O curso pasado tiñamos programado que profesionais que traballan no proxecto Live in Common Land viñeran visitarnos ao centro. Por mor da pandemia esta actividade, como moitas outras, quedou truncada. Pero este curso puidemos levala a cabo. De novo volvéronse a poñer en contacto con nós, dándonos a oportunidade de poder acercar o seu proxecto aos nenos e nenas de terceiro e cuarto de Educación Primaria. Durante a charla, o alumnado puido achegarse á serra atlántica do Xistral de maneira virtual, aínda que para moitos dos nosos nenos e nenas esta serra non é unha descoñecida, dada a súa proximidade ao núcleo de poboación no que viven. Coñecer o hábitat desta serra, as especies vexetais e animais que se poden atopar, foi moi enriquecedor para eles e elas. Ademais é unha maneira de poder tomar conciencia da importancia de coidar do noso, do entorno que nos rodea. Aprenderon a relevancia da actividade que se está a levar a cabo para a loita contra o cambio climático, poñendo en alza o trab