EcoRETOS. Concienciamos.

 Nunha das saídas feitas para conmemorar o Día Internacional da Nai Terra, o alumnado de Educación Infantil quedou un pouco asombrado con certas condutas das persoas adultas. Durante a limpeza que levaron a cabo na praia de Area atoparon moitos restos de cordas plásticas e aparellos de pesca, pero houbo algo que chamou a súa atención: as cabichas atopadas tanto na praia como na área de descanso que hai ao lado desta.


Esta situación foi algo que recalcaron tamén outros nenos e nenas de primaria nas súas saídas para limpar o río Landro. Será que nos merecemos este tirón de orellas dos máis pequenos e pequenas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.