Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Día Internacional dos Bosques

Imagen
No mes de marzo propúxose como reto dende Voz Natura o de “plantar”. Quixemos aproveitar esta oportunidade para enfialo co 21 de marzo, día Internacional dos Bosques. Para celebrar este día, este ano contamos coa colaboración dunha brigada pertencente á Consellería de Medio Rural dos servizos de Montes e Prevención de Incendios Forestais. A través da ANPA do centro, puxéronse en contacto connosco e acordamos varias actividades. Para o día 21 centrámonos en traballar co alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria. Despois de darlles unha pequena charla sobre a importancia de coidar os nosos bosques, ensináronlles en que consistía o seu labor na extinción de incendios. Pero isto fixérono de maneira práctica. Para os máis pequenos/as foi toda unha experiencia poder usar as palas coas que apagan os lumes, ou manexar a mangueira. De seguro que neste día se forxou algunha vocación futura. Cando coidamos un bosque nos só coidamos as especies vexetais que fo

Hoxe tocou caldo da nosa horta

Imagen
 Cada ano o alumnado planta e coida os repolos para despois poder degustalos. É marabilloso ver a cara que van poñendo cando semana a semana comproban como van medrando as plantas. Tamén comproban que non son aos únicos que lles gusta o repolo, aos caracois tamén lles encantan as nosas verduras. Con moita paciencia dedican un tempo a invitar a estes pequenos animaliños esfameados a comer a herba que temos a redor das hortas, porque outra cousa non, pero herba temos abondo. O día que toca recoller para levar á cociña, se te fixas ben, podes ver como os nenos e nenas medran cando entregan o froito do seu traballo ao noso equipo de cociña. Esa sensación de satisfacción e orgullo acompáñaos no seu percorrido da terra á mesa. Se a todo isto engadimos o bo facer das tres mulleres que preparan o xantar cada día, non temos ningunha dúbida de que o caldo de repolo estivo para chuparse os dedos.

Chegada da primavera

Imagen
 Como vén facendo nos anos anteriores, a primavera chega ao cole dándonos a súa benvida do mellor xeito. Cando o tempo comeza a quentar, os bulbos de tulipáns que os pequenos e pequenas do centro plantaron coas súas mans comezan a asomar timidamente. É toda unha delicia poder contemplar esta obra de arte coa que a Natureza nos recibe ao chegar á escola. Queremos compartila con vós por se non tedes ocasión de poder vela xa que, como sabedes, a beleza é unha calidade efémera.

Calculando a densidade dos obxectos

Imagen
 O alumnado de 6o de Educación Primaria estivo estudando a relación que hai entre a masa dunha substancia e o volume que ocupa esta, é dicir, a súa densidade. Xunto co seu mestre traballaron con distintos obxectos, aprendendo así a calcular esta magnitude dun xeito totalmente práctico. Despois de ter controlado o proceso lanzáronse a explicárnolo. No seguinte vídeo poderedes aprender a calculala vós tamén seguindo os pasos que nos dan Ainhoa e Bruno. Estade ben atentos e atentas se queredes ser grandes científicos e científicas.

Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

Imagen
 O pasado 11 de febreiro conmemoramos o día da Muller e a Nena na Ciencia. A clase de cinco anos quixo celebrar esta data cun experimento. Nesta ocasión tocoulles crear unha nube dentro dunha botella. Todo o alumnado estivo entusiasmado, coa súa mirada curiosa cravada na botella que empregamos para fabricar a nosa nube. É marabilloso observalos neses momentos, acompañalos nese camiño de descubrimento da Ciencia, mostrándolle que todos e todas son grandes científicos e científicas. Nesta ocasión, facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que quedaron nun segundo plano á hora de recoñecérselle a súa importancia nesta disciplina e, ao tempo, alentando ás nosas pequenas científicas a descubriren este marabilloso mundo, as nenas da clase de 5 foron quen de explicar o que fixeran. Neste 8 de marzo, no que celebramos o Día Internacional de Muller, queremos compartir convosco a súa experiencia. Esperamos que a desfrutedes tanto coma nós. Tamén vos invitamos a coñecer a Cristina Ro

Enchemos de vida as nosas paredes.

Imagen
O pasado 2 de febreiro tivemos a sorte de poder convosco, familias, para darlle unha nota de cor ao centro. Foi unha xornada marabillosa na que, unha vez máis, vos implicastes na vida do centro. É emocionante poder ver a unha comunidade traballando conxuntamente, e isto foi o que puidemos vivir no centro esa tarde. Unha boa representación da nosa Comunidade Educativa estivo presente dunha maneira ou doutra nesta actividade. Grazas ás aportacións dos pais, nais, avoas, irmáns pequenos, conserxe, persoal de cociña, nenos, nenas e profesorado levamos a cabo o traballo que tiñamos proxectado para ese día. Para que poidades ver un pouquiño o que fixemos podedes botarlle un ollo ao seguinte vídeo. Se non estades en Voz Natura Familias e vos apetece pertencer a este grupo non dubidedes en facérnolo saber. Estaremos encantados de incluírvos.

EcoRETOS. Reciclamos.

Imagen
 Como vimos facendo dende hai uns anos, o plástico deixou de ter un espazo no noso Entroido. É algo do que estamos ben orgullosos, un camiño que xa non queremos nin debemos deixar. Nos últimos tempos vimos cosendo teas para facer os disfraces. Este ano, ademais destas, decidimos coser papel de xornal e reciclar a morea de cartón que tiñamos no centro procedente da nova biblioteca que estamos a piques que estrear. Poderlle dar unha segunda vida ao cartón que todos temos ao noso alcance foi toda unha aprendizaxe para o alumnado e profesorado. Ver como unha caixa se convertía nun sombreiro, un dinosauro, un lego, un elefante ou nunha máscara de Peliqueiro fixo voar a imaxinación de todos e todas. Ademais, ter oportunidade de xogar cos restos dos materiais recortados é unha ensinanza ben rendible que debemos aproveitar.