O traballo continúa.


Durante este trimestre tamén lle estimemos dando ben ás verduras no noso invernadoiro. O alumnado dos primeiros cursos de primaria estivo pendente de plantar, regar, quitar caracois e, por fin, recoller. Ata levaron repolos para a cociña para poder facer o caldo que tanto lles gusta.

Xa só nos queda un trimestre por diante, trimestre no que teremos que recoller o xa plantado, poñer novas plantas e seguir dándolle ao que tan ben saben facer estes nenos e nenas: coidar con todo o seu amor os produtos que despois van ir ao prato.

Neste pequeno vídeo poderedes ver parte do traballo feito por eles e elas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.