Entradas

Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

Imagen
 O pasado 11 de febreiro conmemoramos o día da Muller e a Nena na Ciencia. A clase de cinco anos quixo celebrar esta data cun experimento. Nesta ocasión tocoulles crear unha nube dentro dunha botella. Todo o alumnado estivo entusiasmado, coa súa mirada curiosa cravada na botella que empregamos para fabricar a nosa nube. É marabilloso observalos neses momentos, acompañalos nese camiño de descubrimento da Ciencia, mostrándolle que todos e todas son grandes científicos e científicas. Nesta ocasión, facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que quedaron nun segundo plano á hora de recoñecérselle a súa importancia nesta disciplina e, ao tempo, alentando ás nosas pequenas científicas a descubriren este marabilloso mundo, as nenas da clase de 5 foron quen de explicar o que fixeran. Neste 8 de marzo, no que celebramos o Día Internacional de Muller, queremos compartir convosco a súa experiencia. Esperamos que a desfrutedes tanto coma nós. Tamén vos invitamos a coñecer a Cristina Ro

Enchemos de vida as nosas paredes.

Imagen
O pasado 2 de febreiro tivemos a sorte de poder convosco, familias, para darlle unha nota de cor ao centro. Foi unha xornada marabillosa na que, unha vez máis, vos implicastes na vida do centro. É emocionante poder ver a unha comunidade traballando conxuntamente, e isto foi o que puidemos vivir no centro esa tarde. Unha boa representación da nosa Comunidade Educativa estivo presente dunha maneira ou doutra nesta actividade. Grazas ás aportacións dos pais, nais, avoas, irmáns pequenos, conserxe, persoal de cociña, nenos, nenas e profesorado levamos a cabo o traballo que tiñamos proxectado para ese día. Para que poidades ver un pouquiño o que fixemos podedes botarlle un ollo ao seguinte vídeo. Se non estades en Voz Natura Familias e vos apetece pertencer a este grupo non dubidedes en facérnolo saber. Estaremos encantados de incluírvos.

EcoRETOS. Reciclamos.

Imagen
 Como vimos facendo dende hai uns anos, o plástico deixou de ter un espazo no noso Entroido. É algo do que estamos ben orgullosos, un camiño que xa non queremos nin debemos deixar. Nos últimos tempos vimos cosendo teas para facer os disfraces. Este ano, ademais destas, decidimos coser papel de xornal e reciclar a morea de cartón que tiñamos no centro procedente da nova biblioteca que estamos a piques que estrear. Poderlle dar unha segunda vida ao cartón que todos temos ao noso alcance foi toda unha aprendizaxe para o alumnado e profesorado. Ver como unha caixa se convertía nun sombreiro, un dinosauro, un lego, un elefante ou nunha máscara de Peliqueiro fixo voar a imaxinación de todos e todas. Ademais, ter oportunidade de xogar cos restos dos materiais recortados é unha ensinanza ben rendible que debemos aproveitar.

EcoRETOS. Reutilizamos

Imagen
Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego. Este feito aproveitámolo para poñer a andar as nosas investigacións por aula, o club de Ciencia e outros retos que se presentan no centro para que o alumnado poida investigar sobre eles. Este ano seguimos traballando coas nosas árbores, houbo que descubrir cales eran as tres árbores que temos no patio que non aparecen na guía que fixemos nos cursos anteriores. Pero ademais disto, tamén nos interesamos pola auga que gastamos a diario na nosa ducha, polas distintas maneira de plantar e a importancia da auga neste proceso, investigamos o comportamento das sementes na terra ou comprobamos que lle pasa á auga subterránea cando se empregan certos produtos nos cultivos, produtos que poden ser prexudiciais para a nosa saúde e a do medio. Este é un pequeno adiando das experiencias que poderedes ir seguindo na nosa páxina. 

Como facer un gorro de follas de castiñeiro.

Imagen
  Cando celebramos o magosto o alumnado de sexto fíxose gorros de follas de castiñeiro. Nese momento mostramos un vídeo no que se amosaban estes adornos feitos con naturais, pero tamén prometemos ensinarvos a facelos. Pois chegou o momento esperado! Amanda e Lois prepararon un vídeo onde explican marabillosamente este proceso. Estade moi atentos e atentas ao que nos contan.