Presentación do proxecto.

        Como en anos anteriores, o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, damos a coñecer o proxecto dese curso ao resto da Comunidade Educativa.

        Esta vez, o comité de Voz Natura convidounos a levar accións que fosen destinadas a coidar a nosa biodiverdidade, a protexer a nosa flora e fauna. Dende o centro centramos este proxecto no microsistema que supón o noso patio. Se aprendemos a coidar o que temos máis próximo, o que sentimos como propio, extrapolaremos este coidado ao resto, á comunidade na que estamos inmersos.


         


        O feito de ter un patio no que poder xogar, correr, bailar, sachar, plantar, relaxarse, debuxar, falar, ler, ..., un patio onde poder medrar rodeados de grandes árbores e con espazos verdes con pequenos animaliños agochados nas herbas; un lugar que conta con espazos que fomenten a curiosidade e creatividade, e todo isto acompañados polos relaxantes sons da Natureza, fainos sentir privilexiados. Poder vivir neste espazo tan respectuoso coa infancia leva consigo a necesidade de protexelo e coñecelo. Cando aprendemos a coidar o que consideramos propio a través das nosas vivencias facémolo extensible ao resto de espazos nos que interactuamos. É necesario, polo tanto, transmitir estes valores ao alumnado e demais membros da Comunidade. O respecto e o coidado deste microsistema que é o noso patio estenderase ao resto de ecosistemas que nos rodean. Debemos, pois, vivir o patio para coidar a contorna.

        E agora poderedes desfrutar dos nosos grandes expertos/as falando sobre animais e plantas que conviven con nós durante a xornada escolar. Non vos preocupedes, temos todo un curso para aprender.





















Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.