Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

IGLÚ VEXETAL

Imagen
 O curso pasado quedáranos pendente montar o iglú vexetal, actividade que quixemos rematar este ano. Enseguida vimos unha oportunidade para que o noso alumnado puidese aprender novos contidos, neste caso matemáticos. Durante o primeiro trimestre levaron a cabo a maqueta do que ía ser a aula vexetal. Foron moitas as tarefas que houbo que facer, moitos cálculos ademais do traballo manipulativo que supuxo. Era a primeira vez que escalaban, que tiñan que levar a unha pequena superficie o proxecto que máis tarde farían real no patio do centro. Foi un traballo importante para eles e elas, poder materializar a estrutura viva do proxecto LUPO que acababan de construír, un anaquiño deles e delas quedaría para sempre nese lugar do centro. A montaxe tivo lugar en dúas fases, nunha primeira, facéndoa coincidir co bo tempo outonal, e unha segunda, que se levará a cabo na primavera, coa fin de conseguir que prendan a maior parte dos vimbios. A ver se hai sorte!

COMPOSTAXE

Imagen
 Este ano, no mes de decembro, veunos visitar un mestre para ensinarnos a sacarlle o mellor rendemento ao composteiro. Tivemos unha charla dirixida ao profesorado e ao persoal do centro. Ao ser unha escola con cociña propia, son moitos os restos que se xeran diariamente e que podemos aproveitar para obter unha materia excelente para enriquecer os nosos cultivos. Ademais de explicalo todo dun xeito moi ameno, respondeu a todas as nosas dúbidas e aconsellounos para poder obter compost de calidade. Para tal fin fixéronnos entrega dun composteiro que situamos preto da cociña por dúas razóns: facilitar o traballo da tirada da materia orgánica e, por outra parte, poder contar con compost para a horta de infantil, dada a proximidade desta. Agradecer, de antemán, a colaboración do equipo de cociña e do noso conserxe, que sempre están dispostos a axudarnos. Todo o alumnado do centro tamén levou información para as súas casas para poder solicitar un composteiro ao concello. Esta iniciativa está