Compostamos.

 Cada día no centro vanse gardando todas as pelas das froitas que o alumnado consome. Cada clase de infantil ten o seu colector específico para depositalas, e o alumnado de primaria comparte un que está no corredor. Tamén os restos vexetais da cociña son recollidos para compostar.

Toda esta materia orgánica lévase ao composteiro onde se converterá nunha fonte de riqueza para as verduras e hortalizas que plantamos. É unha delicia poder aproveitar estes “desperdicios” desta maneira, ensinando ao alumnado que non é preciso tirar todo aos colectores onde non se vai a aproveitar. Todo un traballo que ten os seus froitos, completamos o ciclo da vida aprendendo a traballar dun xeito máis sostible e respectuoso coa Natureza.

Nun futuro non moi afastado, esperemos, todos e todas teremos a oportunidade de poder compostar toda a nosa materia orgánica nos colectores marróns. Mentres tanto imos abrindo camiño dende a escola.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.