Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

PLANTANDO ESPERANZA

Imagen
  Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.  Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade para poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso. A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.    Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

UN MAR PARA AS BALEAS

Imagen
 No terceiro trimestre tocábavos aos da clase de 3 o voso experimento relacionado co proxecto, neste caso era facer un mar para as vosas baleas. Non vos quixemos deixar sen poder levalo a cabo, polo que vos mandamos esta proposta. É un experimento sinxelo co que ides descubrir certas propiedades dos líquidos, ao tempo que facedes unha botella de relaxación coa que poderedes xogar. Pero tamén vos poñemos algún reto no vídeo. Non deixedes de velo e animádevos a facer o voso mar.

O INVERNADOIRO. SEGUNDO TRIMESTRE

Imagen
 Durante o segundo trimestre estivestes traballando arreo no voso invernadoiro. Coidastes os cultivos que xa había, recollistes o que xa estaba para comer, plantastes novas verduras, limpastes herbas e tivestes aos caracois ben vixiados. Os recreos dos martes e mércores convertéronse nun momento no que compartir con outros nenos e nenas ao tempo que se aprendían matemáticas, que se recitaban poemas a ritmo de rap ou que se repasaban contidos de Ciencias Naturais, e todo isto acompañado sempre dunha boa conversa. Así da gusto traballar! Parabéns.