Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.
Os pequenos e pequenas de primaria tamén tiveron a súa oportunidade para poder mellorar o entorno. Nesta ocasión o alumnado traballou na ribeira do Landro, aínda que esta vez comezaron pola parte máis próxima á desembocadura do río, rematando no punto de observación de aves.
Unha das partes máis conflitivas de todo o percorrido foi xustamente unha zona do parque infantil que hai ao principio do camiño. O lugar onde hai situado unha pequena caseta cun banco estaba moi sucio, polo que acoutamos este sitio. Foi unha pena que algo destinado para a infancia se lle dea un uso que non lle corresponde, impedindo a este sector da sociedade o acceso a el.
Unha vez máis, o que salientaba o alumnado era a cantidade de cabichas atopadas. Moitos deles e delas ían pensando que lle ían dicir aos seu familiares fumadores sobre este tema, pero o que si tiñan claro era que había que empregar as papeleiras.

Comentarios
Publicar un comentario