Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Educación Infantil Limpeza.

Imagen
 O luns pola mañá dispuxémonos a facer a primeira das actividades a favor da Nai Terra. Esta vez tocoulles aos máis pequenos do centro. O alumnado de Educación Infantil foi quen se puxo “mans ao plástico”. Despois dunha pequena charla na que falamos da importancia de non tirar o lixo ao medio, diferenciando aquilo que é plástico do que son elementos naturais, puxemos os guantes e comezamos a tarefa. Logo dun tempo de traballo, as bolsas comezaron a encherse. Temos que dicir que a praia de Area, comparada con outras, está especialmente limpa. Aínda así, a pesar de que parecía que non había nada de lixo, recollemos moitos restos de aparellos, cordas, algunha botella e tapóns e outros materiais. Os nenos e nenas tamén recolleron algo que lles pareceuun plástico, pero non o era. Atoparon un ovo de raia que confundiron con este material. Despois da recollida tocou lavar mans e tomar unha boa merenda nas mesas. Nesa zona íanse fixando e vían tamén residuos no chan, moitos deles eran cabichas

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Imagen
 Os pequenos e pequenas de primaria tamén tiveron a súa oportunidade para poder mellorar o entorno. Nesta ocasión o alumnado traballou na ribeira do Landro, aínda que esta vez comezaron pola parte máis próxima á desembocadura do río, rematando no punto de observación de aves. Unha das partes máis conflitivas de todo o percorrido foi xustamente unha zona do parque infantil que hai ao principio do camiño. O lugar onde hai situado unha pequena caseta cun banco estaba moi sucio, polo que acoutamos este sitio. Foi unha pena que algo destinado para a infancia se lle dea un uso que non lle corresponde, impedindo a este sector da sociedade o acceso a el. Unha vez máis, o que salientaba o alumnado era a cantidade de cabichas atopadas. Moitos deles e delas ían pensando que lle ían dicir aos seu familiares fumadores sobre este tema, pero o que si tiñan claro era que había que empregar as papeleiras. Pero ademais de fomentar esta conciencia ecolóxica e desfrutar dun momento para o lecer, aproveita

EcoRETOS. Concienciamos.

Imagen
 Nunha das saídas feitas para conmemorar o Día Internacional da Nai Terra, o alumnado de Educación Infantil quedou un pouco asombrado con certas condutas das persoas adultas. Durante a limpeza que levaron a cabo na praia de Area atoparon moitos restos de cordas plásticas e aparellos de pesca, pero houbo algo que chamou a súa atención: as cabichas atopadas tanto na praia como na área de descanso que hai ao lado desta. Esta situación foi algo que recalcaron tamén outros nenos e nenas de primaria nas súas saídas para limpar o río Landro. Será que nos merecemos este tirón de orellas dos máis pequenos e pequenas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

Día das Letras Galegas

Imagen
 Despois dunhas semanas seguindo o Camiño andado por Fernández del Riego, contemplando Un país e unha cultura chea de Palabras a eito, unha Galicia no espello que este autor incansable nos mostrou na Pegada das viaxes feitas por tantos autores de A xeración Galaxia, despois dunhas semanas intensas Cos ollos do noso esprito postos en Galicia decidimos expresarnos dun xeito distinto. Este ano celebramos o día das Letras Galegas facendo algo moi noso, poñendo a mirada nas Danzas populares gallegas. Deixamos que o ritmo do muíño e as gaitas inundase todo o centro. Coa axuda das familias tivemos unha xornada ben festiva na que o corpo soubo expresar o que moitas veces as palabras calan.

Merendas saudables

Imagen
Despois de ter comprobado a cantidade de lixo que se estaba xerando nas merendas, decidimos poñer en marcha un reto relacionado con isto: Merendas saudables. Compartímolo coas familias e explicámosllo ao alumnado, puntualizando que era un reto para toda a clase, non era individual. Durante uns días estiveron preguntando sobre os alimentos que máis puntuaban, que pans debían traer se querían conseguir o máximo de puntuación, con que tipo de vexetal podían acompañar os seus bocadillos... As familias foron informadas a través dunha carta que se compartiu polo espazo Abalar, ademais de colgar a información nas redes sociais do centro. Elaboráronse dous tipos de táboas, un para o alumnado de infantil e outro para primaria, coa finalidade de que puideran ir levando o reconto dos seus puntos. Ao finalizar o reto, os cursos gañadores foron 4o de Primaria e 5o de Educación Infantil. Con eles levouse a cabo unha merenda saudable. O resultado foi todo un éxito. Despois da boa acollida do reto ant

Charla de nutrición para o alumnado

Imagen
 O pasado venres 19 tivemos a sorte de contar cunha nutricionista no cole, visita que xestionou a nosa ANPA. Veunos falar un pouco de todo aquilo que debemos comer e o que non é moi aconsellable. Os máis pequenos e pequenas quedaron un tanto sorprendidos ao escoitar o que nos ía contando sobre os almorzos. Díxonos que non había galleta boa, sobre todo se son desas que mercamos que veñen con moitos ingredientes. Se nos apetecía moito tomalas, mellor sempre feitas na casa ou dalgunha panadería, pero só moi de vez en cando. O mesmo nos dixo do pan, que mercásemos aqueles que só se fan con fariñas, podendo ser integrais, auga, sal e lévedo. Ollo aos que teñen moitos ingredientes “raros”. Por certo, presumimos un pouco da panadaría que temos tan preto, é que unhas torradas con pan de Galdo no almorzo... Tamén nos falou dos zumes. Estes non son unha opción. Cando facemos o zume deixamos de comer a fibra, é coma se estivésemos bebendo auga con azucre. E a cousa empeora se o zume é industrial,