Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

Un Entroido sostible.

Imagen
 Como levamos facendo dende hai unha anos, este curso o noso entroido foi levado a cabo dun xeito sostible. Deixamos de lado ao plástico, para darlle un gran peso á reciclaxe. Por unha banda estaba o feito de ter o cartón como materia prima ao noso alcance, o que fixo que puxésemos o ollo neste material. Pola outra, querer darlle peso á nova biblioteca animounos a enfocar a temática cara a ela. Estas dúas circunstancias converxeron nun Entroido respectuoso co medio no que puxemos en alza o valor do traballo feito con este novo espazo. Cada curso centrouse nunha das categorías da CDU da biblioteca (Clasificación Decimal Universal para as bibliotecas escolares) buscando un disfrace que se adaptase ao alumnado e á temática elixida. Ademais, o feito de ter que pensar nas formas que nos ofrecían as caixas de cartón, fixo que a elección do tema resultase un pouco máis complexa. Temos que dicir que non deixamos de lado a costura. Dúas das clases priorizaron esta maneira de traballar que tanto

EcoReto.Investigamos.

Imagen
Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego. Este feito aproveitámolo para poñer a andar as nosas investigacións por aula, o club de Ciencia e outros retos que se presentan no centro para que o alumnado poida investigar sobre eles. Este ano seguimos traballando coas nosas árbores, houbo que descubrir cales eran as tres árbores que temos no patio que non aparecen na guía que fixemos nos cursos anteriores. Pero ademais disto, tamén nos interesamos pola auga que gastamos a diario na nosa ducha, polas distintas maneira de plantar e a importancia da auga neste proceso, investigamos o comportamento das sementes na terra ou comprobamos que lle pasa á auga subterránea cando se empregan certos produtos nos cultivos, produtos que poden ser prexudiciais para a nosa saúde e a do medio. Este é un pequeno adiando das experiencias que poderedes ir seguindo na nosa páxina. 

Como facer un gorro de follas de castiñeiro.

Imagen
  Cando celebramos o magosto o alumnado de sexto fíxose gorros de follas de castiñeiro. Nese momento mostramos un vídeo no que se amosaban estes adornos feitos con naturais, pero tamén prometemos ensinarvos a facelos. Pois chegou o momento esperado! Amanda e Lois prepararon un vídeo onde explican marabillosamente este proceso. Estade moi atentos e atentas ao que nos contan.        

A horta de infantil no primeiro trimestre.

Imagen
 Igual que pasou no invernadoiro, o verán foi unha gran oportunidade para que as pequenas herbas que nacen na horta de infantil crecesen e conquistasen ese espazo. Pero isto non foi algo que parase ao alumnado e as mestras desta etapa. Pouco a pouco, paseniño, como se fan as cousas cando se ten todo o tempo dun por diante, foron dándolle forma aos seus bancais. Como cada ano aprovéitase esta actividade para afondar nalgúns contidos de Ciencias Naturais: as partes da planta, a súa alimentación, a importancia doutros seres vivos que habitan no bancal, ... Cando se ten información sobre un proceso, isto fai que se entenda, se interiorice e se aprenda a respectalo e valoralo, non hai nada como poder aprender facendo. É un privilexio poder compartir estes momentos cos nenos e nenas de infantil. Botade un ollo ao seguinte vídeo e poderedes revivilos con nós.