Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

AS MÁSCARAS. “A ti xa te protexeu, agora protexe ti ao planeta”

Imagen
 Desde a situación xerada pola Covid as máscaras convertéronse nun “complemento” esencial para a protección da nosa vida. O seu uso pasou de ser algo esporádico, vencellado a un grupo moi concreto da poboación, a ser algo que pertence ao día a día dos seres humanos de todo o planeta. Este feito fai que, inevitablemente, centos de miles de máscaras sexan empregados diariamente pola poboación mundial. Debemos empregalas para protexernos e protexer a vidas dos demais. O problema vén cando a maneira de desbotalas non é a axeitada. Desde marzo deste ano, desafortunadamente, as máscaras pasaron tamén a ser parte da paisaxe, podéndoas atopar tiradas polas rúas, montes, praias,... converténdose en novas trampas para os animais mariños e terrestres. Unha vez máis a Natureza se atopou de frente co ser humano, unha vez máis o ser humano pretende darlle as costas á Natureza. Imaxe tomada durante un paseo polo monte. Setembro 2019 Desde o centro vimos a necesidade de poñer este problema sobre mesa