Rematando a tempada.

 O final de curso é emocionante para todas as persoas do centro. É un tempo de cambios, proxectos que se van cerrando e outros que xorden a última hora, distintas maneiras de aproveitar o patio polo tempo que nos acompaña, visitas ao centro inesperadas e outras xa programadas, excursións fixadas e saídas non previstas... unha tolería da que nos deixamos contaxiar cada ano.


O invernadoiro do centro tamén se contaxia deste ritmo frenético de final de curso. Hai que ir recollendo as verduras e hortalizas que xa teñen rematado o seu ciclo e repoñelas por outras que amosen o seu esplendor en setembro, cando esteamos todos e todas de volta. Volven ter presenza os vexetais que plantamos cada tempada, como os pementos ou os allos porros, colándose outros de maneira fortuíta, como as remolachas ou as fabas de Lourenzá. Todos eles darannos, no mellor dos casos, a súa benvida no novo curso. E durante o verán tocaralles medrar, asociándose con outras plantas que lle sexan beneficiosas, collendo a enerxía do sol e da terra, de igual xeito que o faremos grandes, pequenos e pequenas.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.