Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

O ENTROIDO. PREPARANDO O CAMIÑO

Imagen
 Este ano non quixemos deixar de lado o noso Entroido. Non puidemos levar a cabo algunhas das actividades que se viñan facendo no centro en anos anteriores, como o desfile pola vila ou os talleres coas familias. Sabemos que eses momentos son importantes para o noso alumnado, pero a situación na que estamos inmersos non o permitían. Pero si puidemos levar a cabo os disfraces co alumnado de Educación Primaria e fixemos unha pequena peregrinación. O campo de acción para o percorrido foi o patio do centro, podendo simular nel as distintas etapas do Camiño do Mar que cada curso está traballando. Outro ano máis a costura pasou a formar parte do noso micro mundo. Este ano, ao non poder xuntarnos coas familias elaboramos un vídeo titorial no que se explicaban os pasos a seguir para elaborar a capa de peregrino e tamén unhas instrucións en papel, para que as familias de Educación Infantil puidesen ter toda a información que lles permitise elaborar o disfrace, xa que elas serían as encargadas de

IVERNADOIRO II

Imagen
 

INVERNADOIRO I

Imagen
 Este curso tamén queremos poñer o invernadoiro en funcionamento. Durante o primeiro trimestre foinos imposible traballar cos nenos e nenas, xa que o proceso de adaptación á nova situación fixo que todo fose un pouco máis lendo. Ademais, Ao regresar ás aulas despois de tanto tempo, atopamos todos os espazos que empregamos para o cultivo un pouco salvaxes. A Natureza aproveitou a nosa ausencia e fíxose co espazo. Pero non foron só as plantas as que medraron á súa vontade. Cando regresamos atopamos moitos animais, aínda que ao notaren a nosa presenza desapareceron enseguida. Durante o primeiro trimestre démoslle prioridade aos espazos dos máis pequenos e pequenas do centro, á horta de infantil e ao xardín da entrada. Nese momento fomos os mestres os que procuramos que o invernadoiro fose un lugar máis accesible para o alumnado de primaria. Pero xa non podiamos esperar máis. Os nenos e nenas levan moito tempo esperando por esta actividade, polo que non a demoramos. Levamos dúas semanas tr

COMO SE FORMAN AS NUBES?

Imagen
No mes de febreiro quixemos continuar traballando co tempo, comprobamos como se formaban as nubes. A cara de sorpresa que puxeron cando lles apareceu unha nube dentro dunha botella foi moi significativa. O alumnado de primeiro e segundo foron os encargados que encher as aulas de pequenas nubes.