Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Un Samaín de medo!

Imagen
 A festa de Samaín foi ben distinta. Tivemos un pouco de todo, dende boa literatura  ata seres deliciosamente arrepiantes. Esta celebración de final de verán, onde o bo tempo nos  foi acompañado para ir despedíndose e dar comezo á nova estación, durounos toda a  semana. E a verdade é que non era para menos. Non se pode nun só día sintetizar todo o  que viñemos facendo nesta divertida xornada de 5 días ben intensos nos que, dun xeito ou  doutro, toda a Comunidade Educativa estivo moi involucrada. Comezamos a semana co descubrimento do noso cemiterio para contos. Nun lugar especial do noso centro, alí onde os contos descansan debaixo dos castiñeiros, os nenos e nenas tiveron que ir a resucitar a historia que querían compartir na súa hora de ler, deu arreguizo escoitar o que esas letras acabadas de desenterrar nos ían contando. Pero o tempo de lectura non rematou aí. Tamén se aproveitou a hora de ler para os apadriñamentos lectores, onde o alumnado dos cursos altos de primaria foi quen de

“Botando una ollada á nosa pegada”

Imagen
 Como vimos facendo dende hai uns anos, aproveitamos o día da conmemoración das Bibliotecas Escolares para dar a coñecer á Comunidade Educativa a liña de traballo a seguir dende Voz Natura nese curso académico. Este ano podemos dicir que esta presentación foi dobremente especial. Por un lado fixemos entrega aos titores e titoras da guía das árbores feita nos cursos anteriores, guía da que estamos ben orgullosos e, polo outro, presentamos o proxecto en si. Mostramos ao alumnado do centro pequenas pinceladas sobre o que van a aprender neste curso. Conceptos como a sustentabilidade ou pegada ecolóxica comezan a resoar en moitas cabezas. E, como veredes no vídeo que tedes a continuación, aínda que non saiban que significan exactamente estas dúas nocións, si teñen algunhas ideas ben claras sobre o que facer, sobre todo cando isto repercute no peto de cada quen ou no coidado do medio. Esperamos que, durante estes meses de traballo, o alumnado do centro e o resto da Comunidade poidamos ter un

Gorros de folla de castiñeiro.

Imagen
 O alumnado de sexto de primaria este curso fixo un gorro do máis natural e sustentable: un gorro feito coas follas do castiñeiro. Seguindo o libro de Xosé López González e José M García Fernández “Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros”, e guiados polo seu mestre foron quen de coser as follas do castiñeiro coas agullas do pino, conseguindo desta maneira unha monteira ben xeitosa. Tendo en conta que contamos no noso souto con varios castiñeiros, e que estamos por moita zona verde onde hai piñeiros, non nos podemos imaxinar un gorro máis sustentable e respectuoso co medio ca este, ao tempo que coa súa confección se traballou a comprensión, a concentración e atención e a motricidade, unha marabilla! Podedes ver algúns momentos da súa montaxe no seguinte vídeo, aínda que estaría ben que nos explicasen o proceso paso a paso, non si?

Magosto

Imagen
 Cada ano por estas datas celebramos o magosto, agasallándonos cunhas castañas ben saborosas que Luís nos asa na súa panadería. É unha festa na que todos e todas gozamos da literatura popular que hai sobre o tema, da música, dos xogos populares e deste froito de outono que tanto nos gusta. Para poder transportar as castañas quentiñas e non queimarnos as mans nin ilas sementando polo patio, todas as clases fan os seus recipientes elaborados a partir de materiais reciclados: botellas de plástico e cartóns de leite son a materia fundamental para facer uns bos colectores. Pero, ademais de todo isto, decidimos adornamos ben as cabezas empregando a folla do castiñeiro ben como materia principal da elaboración, ben como parte do adorno. A verdade é que os castiñeiros do souto dannos moitas alegrías!

Presentación do noso proxecto Voz Natura

Imagen
 Este é o noso proxecto Voz Natura para este curso 2022-2023. Se queres, podes acceder a el dende aquí, só tes que premer na foto.

“Botando una ollada á nosa pegada”

 Como vimos facendo dende hai uns anos, aproveitamos o día da conmemoración das Bibliotecas Escolares para dar a coñecer á Comunidade Educativa a liña de traballo a seguir para este curso académico. Este ano podemos dicir que esta presentación vai ser dobremente especial. Por un lado temos o lugar onde se vai levar a cabo, estreamos nova biblioteca e estamos moi ilusionados por isto. Polo outro, o proxecto en si. Mostraremos ao alumnado do centro pequenas pinceladas sobre o que van a traballar neste curso. Conceptos como a sustentabilidade ou pegada ecolóxica comezan a resoar en moitas cabezas. E, como veredes no vídeo que podedes ver a continuación, aínda que non saiban que significan exactamente estas dúas nocións, si teñen algunhas ideas ben claras sobre o que facer, sobre todo cando isto repercute no peta de cada quen ou no coidado do medio. Esperamos que, durante estes meses de traballo, o alumnado do centro e o resto da Comunidade poidamos ter unha ruta a seguir ben marcada, onde