Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

A recolleita no invernadoiro.

Imagen
O alumnado de primaria tamén tivo a oportunidade de poder apañar o que plantaran. Esta vez foi o invernadoiro o centro das nosas miradas. Alí descubriron o ben que o verán tratou aos seu froitos. Berenxenas, tomates e amorodos foron aparecendo ante os seus ollos pero, sen lugar a dúbidas, o que os mantivo cativados foi a plantación de pementos. Tiveron que baixar varios días para poder facer unha recolleita sostible co consumo que ían ter no comedor. Unha maneira inmellorable para falar e aprender sobre o “bo trato”. Igual que pasa coas persoas, cando tratas ben á terra, esta devólveche con creces os coidados que depositaches nela.

Eco-Reto “INVESTIGAMOS”

Imagen
No mes de novembro aproveitamos para darlle fin a unha actividade iniciada o curso pasado na que o paso do tempo tivo que ser o noso aliado para poder remata la: o estudo das árbores do noso patio nas distintas estacións do ano.  Foi un traballo no que interveu todo o alumnado do centro. A cada clase asignáronselle unhas especies que tiveron que buscar, observar cambios estacionais , estudar follas, tronco, flores e froito, se era o caso, tiveron que fotografalas e debuxar as súas partes visibles e, por último, identificar cuns carteis. Tamén aprenderon as súas principais características ou cer t as curiosidades que despois plasmaron no seu traballo. Os máis pequenos , ademais de as súas árbores e darlles mimos a través de longos abrazos, fixeron os gravados das follas de todas as especies do cole. Pola contra, os cursos maiores de primaria asumiron parte do traballo das árbores dos nenos e nenas de Educación Infantil. Foi unha gran tarefa da que todos e toda

Comezamos!. Presentación do proxecto.

Imagen
 Como cada ano chegamos ao centro cheos de ilusións, de ganas de aprender dos demais, coa emoción posta nos reencontros ou, nalgúns casos, nas novas amizades. Botamos unha mirada ao xa vivido e poñemos as expectativas no que temos por vivir. Neste curso académico pasado e futuro estarán intimamente relacionados. Queremos botar unha ollada aos 25 anos percorridos polo centro, facendo desa o noso día a día. Iremos pescudando sobre o camiño andado polo centro, sobre as persoas que pasaron por el ou polas que aínda estamos, iremos investigando sobre os logros, as adaptacións feitas, os cambios da contorna ou da paisaxe do centro, sobre a vida das árbores do noso patio, coas que estamos intimamente ligados, sobre todo aquilo que forme parte da nosa esencia. Este será un curso de descubrimento do pasado, pero un descubrimento que nos faga entender o momento no que estamos e que nos leve ao lugar a onde queremos chegar. Temos por diante toda unha aventura da que, esperamos, toda a Comunidade

A recolleita.

Imagen
  O verán é sempre unha explosión de vida nas nosas hortas, tanto na de infantil como dentro do invernadoiro. O bo tempo e a auga que lles chega gota a gota acompaña ao crecemento dos produtos que temos plantados. Cando o alumnado pisa as aulas en setembro leva sempre unha grata sorpresa ao descubrir os froitos maduros das plantas que eles e elas estiveron coidando. Por fin o momento esperado, hai que apañar os froitos dun traballo feito con tanto agarimo. Ademais, isto ten un aliciente engadido, non só se recolle por recoller, senón que o fin último é comelo e, como cada ano, irá da terra á mesa das mans do noso alumnado.