Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

UN MAGOSTO DIFERENTE

Imagen
 Este ano tocou facer un magosto distinto pero démoslle unha volta ben interesante. Temos a sorte de contar cun patio no que temos o noso propio souto, e iso había que aproveitalo. Decidimos acercar ao noso alumnado o xeito de recoller as castañas que tiñan os seus maiores, regalándolles para facelo palabras como petelo, peteladoira, carabelo, escudir, baloira ou sequeiro. Foi moi divertido vivenciar desta maneira a recollida das castañas, actividade que os nenos e nenas do centro fan cada ano no outono, aínda que o fixeron dun xeito diferente. Con todas as castañas recollidas xa se podía facer o magosto. Non nos puidemos xuntar con outros cursos pero, mantendo a pequena burbulla da clase, gozamos das castañas asadas nun San Martiño diferente.

Voz Natura premia a “guerra ao plástico” do CEIP Santa Rita de Galdo

Imagen
 No CEIP Santa Rita estamos felices por este premio porque significa o recoñecemento a un traballo feito durante anos por toda a Comunidade Educativa. O curso pasado foi un curso moi duro, no que todos e todas tivemos que esforzarnos para sacar adiante moitos dos obxectivos propostos. Desde o equipo de Voz Natura sabemos que isto sería imposible sen o esforzo dos nenos e nenas do noso centro, que se implicaron en todas as actividades que lles propuxemos, e das súas familias, que se involucraron co proxecto, tanto de maneira presencial como durante o confinamento. Tampouco nos esquecemos do persoal do centro, en especial de Antonio, que nos axudou a materializar moitas das ideas que nos viñeron á cabeza, e que o segue facendo a día de hoxe. Neste proxecto, tamén contamos coa axuda de entidades da nosa contorna, participando conxuntamente con centros da localidade en diversas iniciativas como foron o “Globo de Marruán” ou unha canción pola defensa do medio mariño, truncadas ambas pola si

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imagen
  Como cada ano a partir de novembro, no centro levamos a cabo experimentos relacionados co proxecto do ano. Coa experimentación estimulamos a curiosidade dos nenos e nenas, dándolle as ferramentas necesarias para aprender facendo. O proxecto deste ano, “Porque un camiño mellor é posible” está intimamente relacionado cos bosques, coa paisaxe, coas árbores,... Por iso decidimos levar a cabo experimentos que estiveran relacionados co iso, co noso camiño, cos elementos que nos imos atopando nel: coa terra que pisamos, co tempo atmosférico, coas plantas e árbores,... En fin, decidimos experimentar con todo aquilo co que nos podemos atopar nun sendeiro. O, primeiro dos experimentos que levamos a cabo foi o da piña. Todos os cursos puideron observar que era o que lle pasabas ás piñas cando se mollan ou se humedecen. Puideron comprobar se as súas hipóteses eran erróneas ou non.

XARDÍN DE BULBOS

Imagen
Como cada ano, o alumnado máis pequeno do centro é o encargado de dar vida ao noso xardín da entrada. Pero antes de comezar a plantar hai que preparar a terra. Este ano, os encargados de mover a terra, quitar as herbas, sacar os bulbos que quedaran na terra desde o curso pasado,..., foron os nenos e nenas de primeiro. Foi un traballo ben duro, xa que facía un ano que non se movía terra ao estarmos confinados. Pero iso non é ningún problema para estes pequenos e pequenas, encántalles estar en contacto coa natureza. Ademais, meter as mans na terra é sempre unha oportunidade para gozar ao tempo que se aprende.  Unha vez preparado todo só había que poñerse man á obra, iso si, aproveitando para dar unha pequena clase sobre os bulbos. É moi gratificante ver como o alumnado máis pequeno do cole vai interiorizando todo o que se lle ensina, sobre todo se o poden vivenciar. Despois dunha longa espera dun trimestre, coa chegada da primavera, comezaron a xurdir timidamente os tulipáns que plantara

HORTA DE INFANTIL. OUTONO

Imagen
 Darlle a oportunidade aos máis pequenos do centro de aprender ao tempo que se divirten é todo un privilexio. O contacto coa terra é algo esencial, algo que non deberiamos perder, e os nosos nenos e nenas teñen a gran sorte de aprender coas mans na terra, descubrindo toda a vida que hai ao seu alcance. Poder ver ás pequenas mentes do centro en acción é moi gratificante: observalos mentres atenden ás explicacións dadas; ver como se axudan entre eles e elas; ver as ganas que lle poñen ao que están facendo; ver como colaboran ou descubrir nos seus ollos o descubrimento de algo novo. Ademais, coa situación xerada este ano pola Covid, o traballo na horta converteuse en algo importante para o alumnado xa que, ao ser unha actividade que se leva a cabo ao aire libre, converteuse nun dos focos principais dunha zona do seu tempo de lecer.