Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

“Porque un camiño mellor é posible”

Imagen
  Presentación do PDI para o curso 2020-2021 Comezamos o camiño. Temos por diante un curso moi longo cunha morea de tarefas pensadas para toda a Comunidade Educativa. Este ano imos traballar en torno ao Camiño de Santiago, pero imos facelo afondando nun camiño que nos queda moi preto, que sentimos como noso: “O Camiño do Mar”. Este camiño, que vai dende Ribadeo ata Neda, onde se incorpora ao trazado oficial do Camiño Inglés, é un pequeno descoñecido. Este curso queremos cambiar isto. Parécenos de vital importancia para a vida das comarcas que atravesa, tanto como recurso turístico e cultural como de fomento da vida saudable. Queremos mostrarllo a toda a Comunidade, pero queremos ir máis aló: queremos que pase a formar parte das rutas oficiais que van cara a Santiago. A súa paisaxe, vexetación, historia, arte, gastronomía,..., forman parte do noso patrimonio, patrimonio que debemos poñer en alza e dar a coñecer. Xa vedes, temos un duro, pero fascinante camiño por percorrer, poñendo en