Calculando a densidade dos obxectos

 O alumnado de 6o de Educación Primaria estivo estudando a relación que hai entre a masa dunha substancia e o volume que ocupa esta, é dicir, a súa densidade. Xunto co seu mestre traballaron con distintos obxectos, aprendendo así a calcular esta magnitude dun xeito totalmente práctico.

Despois de ter controlado o proceso lanzáronse a explicárnolo. No seguinte vídeo poderedes aprender a calculala vós tamén seguindo os pasos que nos dan Ainhoa e Bruno.

Estade ben atentos e atentas se queredes ser grandes científicos e científicas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

LIVE IN COMMON LAND

Traballo sobre o Día do Medio Ambiente.