EcoRETOS. Reciclamos.

 Como vimos facendo dende hai uns anos, o plástico deixou de ter un espazo no noso Entroido. É algo do que estamos ben orgullosos, un camiño que xa non queremos nin debemos deixar.

Nos últimos tempos vimos cosendo teas para facer os disfraces. Este ano, ademais destas, decidimos coser papel de xornal e reciclar a morea de cartón que tiñamos no centro procedente da nova biblioteca que estamos a piques que estrear.

Poderlle dar unha segunda vida ao cartón que todos temos ao noso alcance foi toda unha aprendizaxe para o alumnado e profesorado. Ver como unha caixa se convertía nun sombreiro, un dinosauro, un lego, un elefante ou nunha máscara de Peliqueiro fixo voar a imaxinación de todos e todas. Ademais, ter oportunidade de xogar cos restos dos materiais recortados é unha ensinanza ben rendible que debemos aproveitar.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.