Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

 O pasado 11 de febreiro conmemoramos o día da Muller e a Nena na Ciencia. A clase de cinco anos quixo celebrar esta data cun experimento. Nesta ocasión tocoulles crear unha nube dentro dunha botella. Todo o alumnado estivo entusiasmado, coa súa mirada curiosa cravada na botella que empregamos para fabricar a nosa nube. É marabilloso observalos neses momentos, acompañalos nese camiño de descubrimento da Ciencia, mostrándolle que todos e todas son grandes científicos e científicas.

Nesta ocasión, facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que quedaron nun segundo plano á hora de recoñecérselle a súa importancia nesta disciplina e, ao tempo, alentando ás nosas pequenas científicas a descubriren este marabilloso mundo, as nenas da clase de 5 foron quen de explicar o que fixeran.

Neste 8 de marzo, no que celebramos o Día Internacional de Muller, queremos compartir convosco a súa experiencia. Esperamos que a desfrutedes tanto coma nós.

Tamén vos invitamos a coñecer a Cristina Romera Castillo, científica mariña especializada na contaminación dos océanos. Podedes acercarvos ao seu traballo no seguinte enlace. https://youtu.be/0qlPycgOfJc

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.