Enchemos de vida as nosas paredes.

O pasado 2 de febreiro tivemos a sorte de poder convosco, familias, para darlle unha nota de cor ao centro. Foi unha xornada marabillosa na que, unha vez máis, vos implicastes na vida do centro. É emocionante poder ver a unha comunidade traballando conxuntamente, e isto foi o que puidemos vivir no centro esa tarde.

Unha boa representación da nosa Comunidade Educativa estivo presente dunha maneira ou doutra nesta actividade. Grazas ás aportacións dos pais, nais, avoas, irmáns pequenos, conserxe, persoal de cociña, nenos, nenas e profesorado levamos a cabo o traballo que tiñamos proxectado para ese día.
Para que poidades ver un pouquiño o que fixemos podedes botarlle un ollo ao seguinte vídeo. Se non estades en Voz Natura Familias e vos apetece pertencer a este grupo non dubidedes en facérnolo saber. Estaremos encantados de incluírvos.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.