Día Internacional dos Bosques
No mes de marzo propúxose como reto dende Voz Natura o de “plantar”. Quixemos aproveitar esta oportunidade para enfialo co 21 de marzo, día Internacional dos Bosques. Para celebrar este día, este ano contamos coa colaboración dunha brigada pertencente á Consellería de Medio Rural dos servizos de Montes e Prevención de Incendios Forestais. A través da ANPA do centro, puxéronse en contacto connosco e acordamos varias actividades. Para o día 21 centrámonos en traballar co alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria. Despois de darlles unha pequena charla sobre a importancia de coidar os nosos bosques, ensináronlles en que consistía o seu labor na extinción de incendios. Pero isto fixérono de maneira práctica. Para os máis pequenos/as foi toda unha experiencia poder usar as palas coas que apagan os lumes, ou manexar a mangueira. De seguro que neste día se forxou algunha vocación futura. Cando coidamos un bosque nos só coidamos as especies vexetais que fo...