Entradas

Día Internacional dos Bosques

Imagen
No mes de marzo propúxose como reto dende Voz Natura o de “plantar”. Quixemos aproveitar esta oportunidade para enfialo co 21 de marzo, día Internacional dos Bosques. Para celebrar este día, este ano contamos coa colaboración dunha brigada pertencente á Consellería de Medio Rural dos servizos de Montes e Prevención de Incendios Forestais. A través da ANPA do centro, puxéronse en contacto connosco e acordamos varias actividades. Para o día 21 centrámonos en traballar co alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria. Despois de darlles unha pequena charla sobre a importancia de coidar os nosos bosques, ensináronlles en que consistía o seu labor na extinción de incendios. Pero isto fixérono de maneira práctica. Para os máis pequenos/as foi toda unha experiencia poder usar as palas coas que apagan os lumes, ou manexar a mangueira. De seguro que neste día se forxou algunha vocación futura. Cando coidamos un bosque nos só coidamos as especies vexetais que fo...

Hoxe tocou caldo da nosa horta

Imagen
 Cada ano o alumnado planta e coida os repolos para despois poder degustalos. É marabilloso ver a cara que van poñendo cando semana a semana comproban como van medrando as plantas. Tamén comproban que non son aos únicos que lles gusta o repolo, aos caracois tamén lles encantan as nosas verduras. Con moita paciencia dedican un tempo a invitar a estes pequenos animaliños esfameados a comer a herba que temos a redor das hortas, porque outra cousa non, pero herba temos abondo. O día que toca recoller para levar á cociña, se te fixas ben, podes ver como os nenos e nenas medran cando entregan o froito do seu traballo ao noso equipo de cociña. Esa sensación de satisfacción e orgullo acompáñaos no seu percorrido da terra á mesa. Se a todo isto engadimos o bo facer das tres mulleres que preparan o xantar cada día, non temos ningunha dúbida de que o caldo de repolo estivo para chuparse os dedos.

Chegada da primavera

Imagen
 Como vén facendo nos anos anteriores, a primavera chega ao cole dándonos a súa benvida do mellor xeito. Cando o tempo comeza a quentar, os bulbos de tulipáns que os pequenos e pequenas do centro plantaron coas súas mans comezan a asomar timidamente. É toda unha delicia poder contemplar esta obra de arte coa que a Natureza nos recibe ao chegar á escola. Queremos compartila con vós por se non tedes ocasión de poder vela xa que, como sabedes, a beleza é unha calidade efémera.

Calculando a densidade dos obxectos

Imagen
 O alumnado de 6o de Educación Primaria estivo estudando a relación que hai entre a masa dunha substancia e o volume que ocupa esta, é dicir, a súa densidade. Xunto co seu mestre traballaron con distintos obxectos, aprendendo así a calcular esta magnitude dun xeito totalmente práctico. Despois de ter controlado o proceso lanzáronse a explicárnolo. No seguinte vídeo poderedes aprender a calculala vós tamén seguindo os pasos que nos dan Ainhoa e Bruno. Estade ben atentos e atentas se queredes ser grandes científicos e científicas.

Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia

Imagen
 O pasado 11 de febreiro conmemoramos o día da Muller e a Nena na Ciencia. A clase de cinco anos quixo celebrar esta data cun experimento. Nesta ocasión tocoulles crear unha nube dentro dunha botella. Todo o alumnado estivo entusiasmado, coa súa mirada curiosa cravada na botella que empregamos para fabricar a nosa nube. É marabilloso observalos neses momentos, acompañalos nese camiño de descubrimento da Ciencia, mostrándolle que todos e todas son grandes científicos e científicas. Nesta ocasión, facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que quedaron nun segundo plano á hora de recoñecérselle a súa importancia nesta disciplina e, ao tempo, alentando ás nosas pequenas científicas a descubriren este marabilloso mundo, as nenas da clase de 5 foron quen de explicar o que fixeran. Neste 8 de marzo, no que celebramos o Día Internacional de Muller, queremos compartir convosco a súa experiencia. Esperamos que a desfrutedes tanto coma nós. Tamén vos invitamos a coñecer a Cristin...