Xardín de bulbos.

 Igual que as estacións do ano son cíclicas, o noso xardín da entrada tamén o é.

Estamos afeitos a que ámbolos dous vaian da man. Cada outono preparámolo para que na primavera rexurda. Grazas á axuda dos nenos e nenas de terceiro, os máis pequenos e pequenas do centro puideron meter as súas mans na terra xa traballada e darlle un novo fogar aos bulbos de tulipán que levan agardando dende o verán.

Deixaron estas cebolas ben agochadiñas, protexidas pola terra para pasar o duro inverno. Non se trata só de aprender a plantar ou descubrir os coidados que precisarán para que poidan agromar na primavera e mostrarnos a súa mellor cara. Tamén terán que aprender a esperar, a que a vida ten uns ciclos que debemos respectar e que, igual que nos pasa a nós con eles, deberemos coidar paseniño esperando que florezan.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.