Comezamos no invernadoiro.

Cada ano a volta ao cole regálanos unha estampa distinta do invernadoiro.
Dependendo do tempo que teñamos para pasarnos os mestres e mestras durante o verán, ou de se quedou plantado algo, a paisaxe é ben distinta. A deste curso foi a explosión de vida das herbas que saen entre as plantas que nós poñemos. A verdade é que o que se plantara pasaba desapercibido entre tanto verde.


Este panorama foi un tanto impresionante para os nenos e nenas, pero iso non os freou. É incrible ver a súa ilusión, o moito que gozan incidindo no que senten como propio.



Despois dunhas semanas e moito traballo o invernadoiro volveu ser ese lugar para o descubrimento, a aprendizaxe, o relax, o coidado e, coma sempre, as boas conversas de recreo. Aquí tedes un pequeno resumo do primeiro trimestre.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.