XARDÍN DE BULBOS

Como cada ano, o alumnado máis pequeno do centro é o encargado de dar vida ao noso xardín da entrada. Pero antes de comezar a plantar hai que preparar a terra. Este ano, os encargados de mover a terra, quitar as herbas, sacar os bulbos que quedaran na terra desde o curso pasado,..., foron os nenos e nenas de primeiro. Foi un traballo ben duro, xa que facía un ano que non se movía terra ao estarmos confinados. Pero iso non é ningún problema para estes pequenos e pequenas, encántalles estar en contacto coa natureza. Ademais, meter as mans na terra é sempre unha oportunidade para gozar ao tempo que se aprende. 
Unha vez preparado todo só había que poñerse man á obra, iso si, aproveitando para dar unha pequena clase sobre os bulbos. É moi gratificante ver como o alumnado máis pequeno do cole vai interiorizando todo o que se lle ensina, sobre todo se o poden vivenciar. Despois dunha longa espera dun trimestre, coa chegada da primavera, comezaron a xurdir timidamente os tulipáns que plantaran. Aprender que todo ten o seu tempo, que non todas as cousas son inmediatas é algo ben difícil, sobre todo cando se é tan pequeno. Os nosos nenos e nenas puidérono comprobar co xardín de bulbos. Pero, despois dunha espera de 4 meses, compartir a emoción que sentiron ao ver algo tan fermoso do que eles e elas eran responsables foi marabilloso.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.