UN MAGOSTO DIFERENTE

 Este ano tocou facer un magosto distinto pero démoslle unha volta ben interesante. Temos a sorte de contar cun patio no que temos o noso propio souto, e iso había que aproveitalo. Decidimos acercar ao noso alumnado o xeito de recoller as castañas que tiñan os seus maiores, regalándolles para facelo palabras como petelo, peteladoira, carabelo, escudir, baloira ou sequeiro. Foi moi divertido vivenciar desta maneira a recollida das castañas, actividade que os nenos e nenas do centro fan cada ano no outono, aínda que o fixeron dun xeito diferente.

Con todas as castañas recollidas xa se podía facer o magosto. Non nos puidemos xuntar con outros cursos pero, mantendo a pequena burbulla da clase, gozamos das castañas asadas nun San Martiño diferente.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.