HORTA DE INFANTIL. OUTONO

 Darlle a oportunidade aos máis pequenos do centro de aprender ao tempo que se

divirten é todo un privilexio. O contacto coa terra é algo esencial, algo que non deberiamos perder, e os nosos nenos e nenas teñen a gran sorte de aprender coas mans na terra, descubrindo toda a vida que hai ao seu alcance.
Poder ver ás pequenas mentes do centro en acción é moi gratificante: observalos mentres atenden ás explicacións dadas; ver como se axudan entre eles e elas; ver as ganas que lle poñen ao que están facendo; ver como colaboran ou descubrir nos seus ollos o descubrimento de algo novo.
Ademais, coa situación xerada este ano pola Covid, o traballo na horta converteuse en algo importante para o alumnado xa que, ao ser unha actividade que se leva a cabo ao aire libre, converteuse nun dos focos principais dunha zona do seu tempo de lecer.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.