MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Como cada ano a partir de novembro, no centro levamos a cabo experimentos relacionados co proxecto do ano. Coa experimentación estimulamos a curiosidade dos nenos e nenas, dándolle as ferramentas necesarias para aprender facendo.

O proxecto deste ano, “Porque un camiño mellor é posible” está intimamente relacionado cos bosques, coa paisaxe, coas árbores,... Por iso decidimos levar a cabo experimentos que estiveran relacionados co iso, co noso camiño, cos elementos que nos imos atopando nel: coa terra que pisamos, co tempo atmosférico, coas plantas e árbores,... En fin, decidimos experimentar con todo aquilo co que nos podemos atopar nun sendeiro.

O, primeiro dos experimentos que levamos a cabo foi o da piña. Todos os cursos puideron observar que era o que lle pasabas ás piñas cando se mollan ou se humedecen. Puideron comprobar se as súas hipóteses eran erróneas ou non.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.