Voz Natura premia a “guerra ao plástico” do CEIP Santa Rita de Galdo

 No CEIP Santa Rita estamos felices por este premio porque significa o recoñecemento a un

traballo feito durante anos por toda a Comunidade Educativa. O curso pasado foi un curso moi duro, no que todos e todas tivemos que esforzarnos para sacar adiante moitos dos obxectivos propostos.
Desde o equipo de Voz Natura sabemos que isto sería imposible sen o esforzo dos nenos e nenas do noso centro, que se implicaron en todas as actividades que lles propuxemos, e das súas familias, que se involucraron co proxecto, tanto de maneira presencial como durante o confinamento. Tampouco nos esquecemos do persoal do centro, en especial de Antonio, que nos axudou a materializar moitas das ideas que nos viñeron á cabeza, e que o segue facendo a día de hoxe.
Neste proxecto, tamén contamos coa axuda de entidades da nosa contorna, participando conxuntamente con centros da localidade en diversas iniciativas como foron o “Globo de Marruán” ou unha canción pola defensa do medio mariño, truncadas ambas pola situación xerada pola Covid. Tamén Porto de Celeiro, o Flecha ou o Concello de Viveiro colaboraron connosco.
O labor de todos os mestres e mestras do centro, tanto do equipo de Voz Natura como non, é vital para levar a cabo cada unha das actividades que se propoñen nos distintos proxectos, acompañando e axudando ao seu alumnado. En “Soñando Mares Transparentes” esta involucración foi total. A gran ameaza que supón o plástico, sobre todo o plástico desbotable, para os nosos ecosistemas e a vida do noso planeta foi unha mensaxe que quixemos transmitir. Esta mensaxe, que non imos deixar de lado, segue vixente no noso día a día, tal e como pasa no proxecto deste curso académico no que queremos revalorizar o Camiño do Mar.
Cremos que a “guerra ao plástico” debería de formar parte da nosa maneira de vivir, e que as pequenas accións que vaiamos facendo como centro educativo e de maneira individual irán sumando cara a consecución dun futuro mellor, “porque un camiño mellor é posible”.
Grazas a todos e todas pola vosa achega neste premio e parabéns, Comunidade!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.