Entradas

Presentación do proxecto.

Imagen
          Como en anos anteriores, o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, damos a coñecer o proxecto dese curso ao resto da Comunidade Educativa.           Esta vez, o comité de Voz Natura convidounos a levar accións que fosen destinadas a coidar a nosa biodiverdidade, a protexer a nosa flora e fauna. Dende o centro centramos este proxecto no microsistema que supón o noso patio. Se aprendemos a coidar o que temos máis próximo, o que sentimos como propio, extrapolaremos este coidado ao resto, á comunidade na que estamos inmersos.                   O feito de ter un patio no que poder xogar, correr, bailar, sachar, plantar, relaxarse, debuxar, falar, ler, ..., un patio onde poder medrar rodeados de grandes árbores e con espazos verdes con pequenos animaliños agochados nas herbas; un lugar que conta con espazos que fomenten a curiosidade e creatividade, e todo isto acompañados polos relaxantes sons da Natureza, fainos sentir p

Rematando a tempada.

Imagen
 O final de curso é emocionante para todas as persoas do centro. É un tempo de cambios, proxectos que se van cerrando e outros que xorden a última hora, distintas maneiras de aproveitar o patio polo tempo que nos acompaña, visitas ao centro inesperadas e outras xa programadas, excursións fixadas e saídas non previstas... unha tolería da que nos deixamos contaxiar cada ano. O invernadoiro do centro tamén se contaxia deste ritmo frenético de final de curso. Hai que ir recollendo as verduras e hortalizas que xa teñen rematado o seu ciclo e repoñelas por outras que amosen o seu esplendor en setembro, cando esteamos todos e todas de volta. Volven ter presenza os vexetais que plantamos cada tempada, como os pementos ou os allos porros, colándose outros de maneira fortuíta, como as remolachas ou as fabas de Lourenzá. Todos eles darannos, no mellor dos casos, a súa benvida no novo curso. E durante o verán tocaralles medrar, asociándose con outras plantas que lle sexan beneficiosas, collendo a

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.

Imagen
 Hoxe estamos ben contentos no centro, temos unha celebración dobre. Por un ladotemos que é 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Este día é importante para todas as persoas do centro, especialmente para aquelas que formamos parte do proxecto Voz Natura. Dende o centro non deixamos de botar unha ollada á nosa contorna, ao ecosistema no que estamos inmersos e do que nos sentimos, en certo modo, responsables. A implicación da Comunidade Educativa en relación ao coidado de Medio Ambiente está comezando a agromar día a día. Neste momento podemos ver como comezan a aparecer pequenos gomos de conciencia colectiva. Vemos como moito do noso alumnado está deixando de lado o plástico das merendas, observamos como son moitas as persoas que comentan que van dar un paseo cunha bolsa para recoller o lixo que atopan ou empregan bolsas de tea no súper, observamos como se está espertando unha sensibilidade especial cara á vida que nos rodea. Esta situación fainos enormemente felices, dándonos ánimo

Traballo sobre o Día do Medio Ambiente.

Imagen
 A semana do5 ao 9 de xuño foron moitas as tarefas que se levaron a cabo por parte do alumnado do centro en relación ao Día do Medio Ambiente. O alumnado de Educación Infantil fixo percorridos polo centro na procura de herbas aromáticas, estamparon follas que recolleron no patio ao tempo que recollían todo lixo que atopaban no seu camiño, elaboraron medallóns empregando herbas e fixeron lecturas de contos relacionados co tema. Temos que dicir que o feito de ter unha nova biblioteca con moitos recursos ao noso alcance tamén nos está axudando. A radio estase a converter nun recurso moi interesante ao que todos e todas lle estamos sacando un bo proveito, e iso estase revertendo de maneira positiva no noso traballo divulgativo. Non tedes máis que escoitar o podcats elaborado polos nenos e nenas de 5 anos sobre como ven eles e elas o coidado do Medio Ambiente. https://www.ivoox.com/player_es_podcast_2038337_zp_1.html?c1=62bc43 Os máis pequenos e pequenas do cole levaron para as súas casas u

Educación Infantil Limpeza.

Imagen
 O luns pola mañá dispuxémonos a facer a primeira das actividades a favor da Nai Terra. Esta vez tocoulles aos máis pequenos do centro. O alumnado de Educación Infantil foi quen se puxo “mans ao plástico”. Despois dunha pequena charla na que falamos da importancia de non tirar o lixo ao medio, diferenciando aquilo que é plástico do que son elementos naturais, puxemos os guantes e comezamos a tarefa. Logo dun tempo de traballo, as bolsas comezaron a encherse. Temos que dicir que a praia de Area, comparada con outras, está especialmente limpa. Aínda así, a pesar de que parecía que non había nada de lixo, recollemos moitos restos de aparellos, cordas, algunha botella e tapóns e outros materiais. Os nenos e nenas tamén recolleron algo que lles pareceuun plástico, pero non o era. Atoparon un ovo de raia que confundiron con este material. Despois da recollida tocou lavar mans e tomar unha boa merenda nas mesas. Nesa zona íanse fixando e vían tamén residuos no chan, moitos deles eran cabichas