Entradas

Educación Infantil Limpeza.

Imagen
 O luns pola mañá dispuxémonos a facer a primeira das actividades a favor da Nai Terra. Esta vez tocoulles aos máis pequenos do centro. O alumnado de Educación Infantil foi quen se puxo “mans ao plástico”. Despois dunha pequena charla na que falamos da importancia de non tirar o lixo ao medio, diferenciando aquilo que é plástico do que son elementos naturais, puxemos os guantes e comezamos a tarefa. Logo dun tempo de traballo, as bolsas comezaron a encherse. Temos que dicir que a praia de Area, comparada con outras, está especialmente limpa. Aínda así, a pesar de que parecía que non había nada de lixo, recollemos moitos restos de aparellos, cordas, algunha botella e tapóns e outros materiais. Os nenos e nenas tamén recolleron algo que lles pareceuun plástico, pero non o era. Atoparon un ovo de raia que confundiron con este material. Despois da recollida tocou lavar mans e tomar unha boa merenda nas mesas. Nesa zona íanse fixando e vían tamén residuos no chan, moitos deles eran cabi...

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Imagen
 Os pequenos e pequenas de primaria tamén tiveron a súa oportunidade para poder mellorar o entorno. Nesta ocasión o alumnado traballou na ribeira do Landro, aínda que esta vez comezaron pola parte máis próxima á desembocadura do río, rematando no punto de observación de aves. Unha das partes máis conflitivas de todo o percorrido foi xustamente unha zona do parque infantil que hai ao principio do camiño. O lugar onde hai situado unha pequena caseta cun banco estaba moi sucio, polo que acoutamos este sitio. Foi unha pena que algo destinado para a infancia se lle dea un uso que non lle corresponde, impedindo a este sector da sociedade o acceso a el. Unha vez máis, o que salientaba o alumnado era a cantidade de cabichas atopadas. Moitos deles e delas ían pensando que lle ían dicir aos seu familiares fumadores sobre este tema, pero o que si tiñan claro era que había que empregar as papeleiras. Pero ademais de fomentar esta conciencia ecolóxica e desfrutar dun momento para o lecer, aprov...

EcoRETOS. Concienciamos.

Imagen
 Nunha das saídas feitas para conmemorar o Día Internacional da Nai Terra, o alumnado de Educación Infantil quedou un pouco asombrado con certas condutas das persoas adultas. Durante a limpeza que levaron a cabo na praia de Area atoparon moitos restos de cordas plásticas e aparellos de pesca, pero houbo algo que chamou a súa atención: as cabichas atopadas tanto na praia como na área de descanso que hai ao lado desta. Esta situación foi algo que recalcaron tamén outros nenos e nenas de primaria nas súas saídas para limpar o río Landro. Será que nos merecemos este tirón de orellas dos máis pequenos e pequenas? Botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

Día das Letras Galegas

Imagen
 Despois dunhas semanas seguindo o Camiño andado por Fernández del Riego, contemplando Un país e unha cultura chea de Palabras a eito, unha Galicia no espello que este autor incansable nos mostrou na Pegada das viaxes feitas por tantos autores de A xeración Galaxia, despois dunhas semanas intensas Cos ollos do noso esprito postos en Galicia decidimos expresarnos dun xeito distinto. Este ano celebramos o día das Letras Galegas facendo algo moi noso, poñendo a mirada nas Danzas populares gallegas. Deixamos que o ritmo do muíño e as gaitas inundase todo o centro. Coa axuda das familias tivemos unha xornada ben festiva na que o corpo soubo expresar o que moitas veces as palabras calan.

Merendas saudables

Imagen
Despois de ter comprobado a cantidade de lixo que se estaba xerando nas merendas, decidimos poñer en marcha un reto relacionado con isto: Merendas saudables. Compartímolo coas familias e explicámosllo ao alumnado, puntualizando que era un reto para toda a clase, non era individual. Durante uns días estiveron preguntando sobre os alimentos que máis puntuaban, que pans debían traer se querían conseguir o máximo de puntuación, con que tipo de vexetal podían acompañar os seus bocadillos... As familias foron informadas a través dunha carta que se compartiu polo espazo Abalar, ademais de colgar a información nas redes sociais do centro. Elaboráronse dous tipos de táboas, un para o alumnado de infantil e outro para primaria, coa finalidade de que puideran ir levando o reconto dos seus puntos. Ao finalizar o reto, os cursos gañadores foron 4o de Primaria e 5o de Educación Infantil. Con eles levouse a cabo unha merenda saudable. O resultado foi todo un éxito. Despois da boa acollida do reto ant...