Entradas

Eco-Reto “PLANTAMOS”

Imagen
  Cada ano, o noso alumnado máis pequeno é o encargado de plantar o xardín da entrada. Esas mans dos nenos e nenas de infantil e de primeiro e segundo de primaria son quen de darlle vida na primavera e no verán, cambiando o xardín dunha maneira radical. Pero antes de sementar ou plantar hai que preparar a terra. Para esta actividade botamos man dos maiores, os alumnos e alumnas de Primaria sacharon, achaiaron, desherbaron e ata sacaron as pedras grandes para que os pequenos puidesen plantar sen problemas. Toda unha actividade colaborativa que ve a luz coa chegada da primavera

A HORTA DE OUTONO

Imagen
 Como non podía ser doutra maneira, o alumnado máis pequeno do centro púxose mans á obra ao comezo do curso. Unha vez tiveron recollidos todos os froitos do curso pasado era o momento de comezar coa súa horta de outono. Houbo moito traballo por diante, traballo ben encamiñado e dirixido polas mestras de Educación Infantil. Tamén se botou man de Antonio, que sempre está disposto a axudar e pendente de todo o que precisamos, e do persoal de cociña, que aportaron os seus valiosos coñecementos e tempo. Con todo este equipo humano, as ilusións dos nenos e nenas de infantil e un pouco de sol, as verzas saíron adiante de maneira sorprendente. Pero non só se centraron en plantar e esperar, houbo moito máis traballo. Estiveron pendentes de se precisaban ou non ser regadas, acolcharon a terra, prepararon auga con sal na súa correcta proporción para apartar ás limachas e que collesen máis vigor as plantas e ademais, xa dentro das aulas, investigaron sobre unha nova col que plantamos este curo...

Eco-Reto “REUTILIZAMOS”

Imagen
Comprobar que moitos obxectos poden ter unha segunda vida, que non é necesario mercar todo é esencial para concienciar á comunidade sobre a importancia de reutilizar e frear a roda de consumismo na que estamos metidos. As mestras de Educación Infantil son verdadeiras expertas nesta materia. Converter obxectos que irían parar ao lixo en materiais pedagóxicos de gran calidade é algo ao que nos teñen acostumados no centro. Poder aprender a identificar o nome propio, a contar, traballar a psicomotricidade fina ou a lateralidade, xogar mentres se desenvolve a atención ou a percepción, ..., ao tempo que se lles dá a oportunidade de poder empregar envases, recipientes, teas, botóns, caixas, chapas, rolos, tapas e tapóns, e unha morea de materiais que todos e todas temos nas nosas casas, dálles a posibilidade aos nenos e nenas de poder aprender o valor de reutilizar ao tempo que fomentan a súa creatividade.  

A recolleita no invernadoiro.

Imagen
O alumnado de primaria tamén tivo a oportunidade de poder apañar o que plantaran. Esta vez foi o invernadoiro o centro das nosas miradas. Alí descubriron o ben que o verán tratou aos seu froitos. Berenxenas, tomates e amorodos foron aparecendo ante os seus ollos pero, sen lugar a dúbidas, o que os mantivo cativados foi a plantación de pementos. Tiveron que baixar varios días para poder facer unha recolleita sostible co consumo que ían ter no comedor. Unha maneira inmellorable para falar e aprender sobre o “bo trato”. Igual que pasa coas persoas, cando tratas ben á terra, esta devólveche con creces os coidados que depositaches nela.

Eco-Reto “INVESTIGAMOS”

Imagen
No mes de novembro aproveitamos para darlle fin a unha actividade iniciada o curso pasado na que o paso do tempo tivo que ser o noso aliado para poder remata la: o estudo das árbores do noso patio nas distintas estacións do ano.  Foi un traballo no que interveu todo o alumnado do centro. A cada clase asignáronselle unhas especies que tiveron que buscar, observar cambios estacionais , estudar follas, tronco, flores e froito, se era o caso, tiveron que fotografalas e debuxar as súas partes visibles e, por último, identificar cuns carteis. Tamén aprenderon as súas principais características ou cer t as curiosidades que despois plasmaron no seu traballo. Os máis pequenos , ademais de as súas árbores e darlles mimos a través de longos abrazos, fixeron os gravados das follas de todas as especies do cole. Pola contra, os cursos maiores de primaria asumiron parte do traballo das árbores dos nenos e nenas de Educación Infantil. Foi unha gran tarefa da que todos e ...