A recolleita no invernadoiro.

O alumnado de primaria tamén tivo a oportunidade de poder apañar o que plantaran.

Esta vez foi o invernadoiro o centro das nosas miradas. Alí descubriron o ben que o verán tratou aos seu froitos. Berenxenas, tomates e amorodos foron aparecendo ante os seus ollos pero, sen lugar a dúbidas, o que os mantivo cativados foi a plantación de pementos. Tiveron que baixar varios días para poder facer unha recolleita sostible co consumo que ían ter no comedor.

Unha maneira inmellorable para falar e aprender sobre o “bo trato”. Igual que pasa coas persoas, cando tratas ben á terra, esta devólveche con creces os coidados que depositaches nela.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.