Eco-Reto “REUTILIZAMOS”

Comprobar que moitos obxectos poden ter unha segunda vida, que non é necesario mercar todo é esencial para concienciar á comunidade sobre a importancia de reutilizar e frear a roda de consumismo na que estamos metidos.
As mestras de Educación Infantil son verdadeiras expertas nesta materia. Converter obxectos que irían parar ao lixo en materiais pedagóxicos de gran calidade é algo ao que nos teñen acostumados no centro. Poder aprender a identificar o nome propio, a contar, traballar a psicomotricidade fina ou a lateralidade, xogar mentres se desenvolve a atención ou a percepción, ..., ao tempo que se lles dá a oportunidade de poder empregar envases, recipientes, teas, botóns, caixas, chapas, rolos, tapas e tapóns, e unha morea de materiais que todos e todas temos nas nosas casas, dálles a posibilidade aos nenos e nenas de poder aprender o valor de reutilizar ao tempo que fomentan a súa creatividade.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.